Duilio, Caio Nepote
Duilio, Caio Nepote
Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul (261 a C) xunto con C. Cornelio Escipión. Organizou a flota durante a Primeira Guerra Púnica e conseguiu a primeira vitoria naval sobre os cartaxineses fronte a Milos, preto de Messana. Foi o primeiro triunfo naval da historia de Roma.