"Nelson" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano que describiu a vida dos barrios populares de Chicago, cidade onde residía. Dende Somebody in boots (Alguén con botas, 1935) e a través de Never Come Morning (Nunca chega a mañá, 1942) fixo unha denuncia da organización dunha sociedade que sería descrita na ácida reportaxe Who lost an American? (Quen perdeu un americano?, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo norteamericano. Foi un dos primeiros en levar á escena temas e problemas tipicamente americanos: The Indian Princess (A princesa india, 1808) ou The Court of Love (O tribunal do amor, 1836), publicada no 1817 co título How to try a lover (Como probar un amor).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral norteamericano. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial. Ocupou Bizerta en 1943 e, un ano despois, dirixiu as forzas norteamericanas no desembarco de Normandía; ocupou Bretaña e penetrou ata o Elba onde se uniu ao exército soviético. Foi presidente do comité de xefes do estado maior e representante norteamericano no comité de defensa do Pacto do Atlántico (1949-1953). Publicou as súas memorias en A Soldier’s Story (Historia dun soldado, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicador protestante. Membro fundador dos Irmáns de Plymouth (tamén chamada Igrexa dos Irmáns), encabezou o sector darbista. Escribiu diversos himnos para o culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Nelson Zumel, traballou en Madrid como marchante e coleccionista de arte especializado en pintores españois do s XIX e da primeira metade do s XX. Ata 1975 a súa obra, esencialmente paisaxes, foi de carácter realista e mostrou un paulatino afastamento da anécdota. Logo comezou unha abstracción baseada na menor importancia do motivo a pintar e na maior relevancia da paleta de cor que o achegou ao informalismo ata que, desde 1992, as súas obras mostraron o predominio da mancha de cor. Presidente da Fundación Nelson Zumel e director honorario do Museo Nelson Zumel de Lugo, en 1996 creou o Premio de Pintura Nelson Zumel destinado ao descubrimento de novos talentos. Membro da Accademia Internazionale d’Arte Moderna de Roma e académico correspondente da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis, recibiu numerosos nomeamentos e galardóns, dos que destacan o Grelo de Ouro (1997) e a presidencia de honor da Fundación O Grelo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Doutorado en Filosofía na Harvard University (1941), foi profesor nas universidades de Pennsylvania (1946-1964) e Harvard (1968-1977). Centrado no estudo da estética, da epistemoloxía e da filosofía da ciencia e da linguaxe, aplicou as técnicas da lóxica formal á análise dos fenómenos. Das súas obras destacan The Struture of Appearance (1951), Languages of Art (1968) e Of Mind and Other Matters (1984). Foi presidente da American Philosophical Association e vicepresidente da Association for Symbolic Logic, membro da American Academy of Arts and Sciences e recibiu en 1946 o Guggenheim Award.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Congreso Nacional Africano (CNA) desde 1944, en 1956 foi acusado de alta traizón e en 1964 condenado a cadea perpetua. Dirixente do CNA desde 1967, converteuse nun símbolo da loita antiapartheid. Foi liberado incondicionalmente en 1990 e elixido presidente do CNA en substitución de Oliver Tambo. Aceptou renunciar á violencia a cambio da abolición do apartheid. Despois das primeiras eleccións multirraciais, accedeu á presidencia do estado (1994-1999). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1992) e o Premio Nobel da Paz (1993), que compartiu con F. de Klerk, último presidente do réxime segregacionista sudafricano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da provincia de Manitoba, Canadá (650 km). Nace no lago Winnipeg e desemboca na baía de Hudson, preto de Port Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Sur (41.566 h [2001]). A súa capital é Nelson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución dedicada á xestión da produción pictórica de Nelson Zumel e da súa colección. Tamén se encarga da doazón de obra propia e de pintores españois dos ss XIX-XX ao Museo Nelson Zumel, situado en Lugo, e da convocatoria do Premio de Pintura Nelson Zumel, de carácter bienal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Adscrito nun primeiro momento ao movemento internacional, posteriormente incorporou solucións organicistas. Proxectou a casa Fairchild (1943), en Nova York, con William Hamby, articulando todas as dependencias arredor dun patio. Preocupado polos problemas da sociedade industrial, formou parte da mesa redonda que convocou The Museum of Modern Art (MOMA) de Nova York, en febreiro de 1948, e dirixiu a revista ArchFor (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante británico. A súa carreira naval comezou en 1793 durante a guerra contra Francia. Almirante en 1798, foi destinado a bloquear a frota francesa en Toulon. Unha tempestade desfixo os seus barcos e Napoleón I Bonaparte puido desembarcar un exército en Exipto. Refeita a escuadra, Nelson sorprendeu e destruíu a francesa en Abū Qīr (1.8.1798). En 1800 recibiu o mando dunha frota que se uniu á do almirante Parker para combater a coalición entre Dinamarca, Suecia, Rusia e Prusia coñecida como a neutralidade armada. Atacou e destruíu a frota danesa en Copenhaguen (abril de 1801) e a coalición desfíxose inmediatamente. En 1803 converteuse en almirante da frota inglesa no Mar Mediterráneo, no momento en que Napoleón preparaba a invasión das Illas Británicas. Ao comezo de 1805 a escuadra francesa de Toulon uniuse á española e navegou ata as Antillas coa intención de afastar a frota inglesa de Europa. A pesar disto, a frota combinada volveu cedo e refuxiouse en Cádiz, onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Desenvolveu o pensamento de Jacob Friedrich Fries, centrándose principalmente na cuestión gnoseolóxica. Da súa obra destacan Über das sogenannte Erkenntnisproblem (Sobre o denominado problema do coñecemento, 1908), System der philosophischen Rechtslehre (Sistema da doutrina xurídica filosófica, 1920) e Demokratie und Führerschaft (Democracia e autoritarismo, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba biolóxica para o diagnóstico da sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Próximo ao neorrealismo italiano, que tivo unha grande influencia en membros da súa xeración, os seus filmes caracterízanse pola descrición da realidade social e a busca das raíces culturais do seu país. Marcou o comezo do Cinema Novo brasileiro con Rio 40 Graus (1955), Rio Zona Norte (1957) e Vidas secas (1963). Da súa produción tamén destacan O amuleto de Ogum (1974), Na Estrada da Vida (1980), Jubiabá (1987), Cinema de Lágrimas (1995) e Guerra e Liberdade-Castro Alves em São Paulo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Automobilista. Debutou na fórmula 1 en 1978. Ao longo da súa carreira conseguiu 23 vitorias en grandes premios e proclamouse campión do mundo en 1981, 1983 e 1987. Deixou esta modalidade en 1992 e pasou á fórmula Indy de EE UU ata a súa retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista. Coñecido como Prince e desde 1997 como The Artist conxugou o soul e o rock con elementos do jazz, o rap, o reggae e outros estilos. Da súa discografía destacan Purple Rain (1984), Around the World in a Day (1985), Parade (1986), Sign of the Times (1987), Lovesexy (1988), Diamonds and Pearls (1991), Crystal ball (1997), Rave Un2 the Joy Fantastic (1999), The Rainbow Children (2001), One Nite Alone (2002) e Musicology (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Nelson González Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO