González Rodríguez, José Nelson

González Rodríguez, José Nelson

Pintor. Coñecido como Nelson Zumel, traballou en Madrid como marchante e coleccionista de arte especializado en pintores españois do s XIX e da primeira metade do s XX. Ata 1975 a súa obra, esencialmente paisaxes, foi de carácter realista e mostrou un paulatino afastamento da anécdota. Logo comezou unha abstracción baseada na menor importancia do motivo a pintar e na maior relevancia da paleta de cor que o achegou ao informalismo ata que, desde 1992, as súas obras mostraron o predominio da mancha de cor. Presidente da Fundación Nelson Zumel e director honorario do Museo Nelson Zumel de Lugo, en 1996 creou o Premio de Pintura Nelson Zumel destinado ao descubrimento de novos talentos. Membro da Accademia Internazionale d’Arte Moderna de Roma e académico correspondente da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis, recibiu numerosos nomeamentos e galardóns, dos que destacan o Grelo de Ouro (1997) e a presidencia de honor da Fundación O Grelo (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tosende, Baltar