"Noia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • PERSOEIRO

    Trobador. Das súas poesías unicamente se coñecen algúns fragmentos inconclusos dentro do seu Espello de trobar. Neste tratado de retórica, sintetízase a preceptiva latina medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente da marxe dereita do Llobregat, co que conflúe en Martorell, despois de percorrer a comarca á que lle dá nome, a parte levantina do Alt Penedés e un pequeno fragmento da do Baix Llobregat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense ao o S da comunidade autaonoma (42° 14’ latitude N - 8° 7’ lonxitude O). Limita ao O co concello de Ribadavia, ao S cos de Cortegada (ambos os dous do Ribeiro) e Gomesende (da Terra de Celanova), ao L co de Cartelle, e o N co de Castrelo de Miño, ambos os dous do Ribeiro.. Abrangue unha superficie de 20,7 km 2 cunha poboación de 1.171 h (1996) cunha soa parroquia, A Arnoia. A capital municipal é o lugar de Outeiro Cruz, situado a 119 km de Santiago de Compostela, a 34 km de Ourense e a 6 km de Ribadavia. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio do concello da Arnoia sitúase no dominio climático oceánico-mediterráneo, cun microclima propiciado pola distribución do relevo: os rexistros termopluviométricos responden á súa situación a sotavento da serra do Faro de Avión, abeiro de magnitude fronte á circulación do O. A temperatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Arnoia, a. baixo a advocación de San salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado pertencente ao mosteiro bieito de San Salvador de Celanova. Conserva o edificio monacal, hoxe casa rectoral, e unha interesante igrexa parroquial románica. No seu interior consérvase un retablo maior obra do entallador local Benito Arez González (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca natural do S de Galicia, que se corresponde coa conca do río Arnoia. Distínguese o Alto Arnoia, (integrado polas terras dos concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo), e o Baixo Arnoia, (do que forman parte os concellos da Arnoia, A Bola, Cartelle, Celanova, Cortegada, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Arnoia.

    2. Persoa natural ou residente da Arnoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Arnoia. É un moderno complexo balneario-hosteleiro inaugurado en maio de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A bisbarra de Noia contaba en 1920 con dúas bandas de música, desaparecidas a consecuencia da Guerra Civil española. Foi no 1949 cando se volveu formar unha nova agrupación musical, esta vez baixo a denominación de municipal, que perduraría ata o ano 1962. Nesta nova etapa contou coa dirección de Jesús Pérez Rivas, Lucas Ramírez Muñoz e José Fiuza, respectivamente. Despois de ter ao redor de 44 compoñentes, co paso do tempo a banda reduciuse a un pequeno grupo de músicos que integraron a chamada Charanga do Bralo de Tállara, con só 17 compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada no ano 1984 baixo a iniciativa de Miguel Fernández Pestonit e cun amplo número de compoñentes da antiga Banda de Música de Noia, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Caamaño. A continuación tomou a batuta Adonis Ferreiro García, o seu director na actualidade. Conta cun cadro de 40 compoñentes aproximadamente, e acadou o III Premio nun Certame de Bandas realizado na vila de Cangas. Realizou numerosas actuacións dentro de Galicia e no estranxeiro (Bos Aires, Portugal, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín municipal en galego que se editou en Noia a partir de decembro de 1989. Subtitulado “Boletín informativo”, informaba do labor desenvolvido polo concello en distintas áreas, como a educación, a cultura, a saúde, o tráfico, os deportes, obras, etc. Ilustrado con fotografías, incluía unha páxina de humor asinada por Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pensamento racional discursivo na filosofía grega, intermedio entre a noese (νόησις), pensamento intuitivo directo, e a opinión (δόξα).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio profundo na forma de pensar, de sentir e de obrar que debe facer o que acolle a relixión cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría do SO da provincia da Coruña, que constitúe a máis setentrional das Rías Baixas galegas. Baña os concellos de Muros, Noia, Outes e Porto do Son e parte de Corrubedo. Limita ao N co Monte Louro, ao S coa península do Barbanza, que a separa da ría de Arousa, ao O co Océano Atlántico e ao L co río Tambre e os concellos de Outes e Noia. De orixe tectónica, trátase dun sector costeiro en forma de fendedura, aberta no medio de rochas graníticas, formada na desembocadura do río Tambre. Ofrece unha morfoloxía típica de fractura esgazada que se prolonga en dirección SO-NL cun sector setentrional máis rochoso e quebrado, con abundantes entrantes e saíntes, e un sector meridional, de formas suaves, máis rectilíneo e aberto, sempre cun fondo montañoso. A fronte litoral é suave e abundan os areais e dunas. É a costa menos urbanizada das Rías Baixas. A dinámica fluvial e a litoloxía xeraron un relevo recurtado de maneira destacada entre Muros e punta Carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Noia, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca homónima, situado no O da provincia da Coruña e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 42° 47’ de latitude N e 8° 52’ 45’’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Brión (comarca de Santiago), Negreira (comarca da Barcala) e Outes (comarca de Noia), ao S cos de Lousame (comarca de Noia) e Porto do Son (comarca de Noia), ao L co de Lousame (comarca de Noia) e ao O co de Outes (comarca de Noia) e a ría de Muros e Noia. Abrangue unha superficie de 37,2 km 2 cunha poboación de 14.808 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Argalo, Barro, Boa, Noia, O Obre e Roo. A súa capital é a vila de Noia situada na parroquia homónima, localizada a 100 km da cidade da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Noia.
    Xeografía física
    Noia sitúase na parte interior da ría á que lle dá nome, nunha antiga fractura incidida pola rede fluvial e posteriormente ocupada polas augas mariñas. No extremo nororiental, formouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou a súa actividade teatral no grupo Minerva, para despois participar na creación, en 1991, da compañía profesional Teatro Galileo, coa que interveu en diferentes espectáculos como Nenerías, texto do que é autora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Profesora na Universidade de Vigo desde 1975, foi a fundadora, con Xulián Maure e Germán Sánchez, de Edicións Xerais de Galicia (1978). Organizou os estudos de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, deu cursos sobre literatura galega nas universidades de Bos Aires e Nova York e foi a primeira directora de Viceversa. Revista Galega de Tradución (1995). Colaboradora habitual de Grial, destacan os seus traballos pola normalización da lingua galega. Escribiu Nova narrativa galega, primeira tesiña en galego (1968), foi coautora de Lingua (1985), primeiro manual de lingua galega de estudos preuniversitarios, e do Dicionario de sinónimos da lingua galega (1997). Tamén publicou a escolma Contos galegos de tradición oral (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no extremo centro-occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, no SO da provincia da Coruña. Limita ao N coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos) e A Barcala (concello de Negreira); ao S coa de Barbanza (concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo); ao O coa de Muros (concello de Muros), coa ría de Muros e Noia e co Océano Atlántico, e ao L coas de Santiago (concello de Brión) e O Sar (concello de Rois). Abrangue unha superficie de 325,1 km2en que acolle unha poboación de 36.628 h (2001), distribuídos entre os concellos de Lousame (93,6 km2; 4.077 h), Noia (37,2 km2; 14.217 h), Outes (99,7 km2; 8.202 h) e Porto do Son (94,6 km2; 10.132 h). Historicamente, a vila de Noia, cabeceira comarcal situada a 49° 46’ 42” de latitude N e 8° 53’ de lonxitude O, foi un importante centro urbano desde a Idade Media ao funcionar como porto de Santiago de Compostela antes da sedimentación do fondo da ría. Aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO