"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito deformado por proxeccións membranosas irregulares, de dimensións e forma variable, que lembra a folla do acanto. A presenza destes eritrocitos no sangue denomínase acantocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía morfolóxica dos eritrocitos que presentan na súa superficie prolongacións grandes e rugosas (eritrocitos espiñosos ou acantocitos). Forma parte da enfermidade coñecida como abetalipoproteinemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se tira do prelo en Vigo en novembro de 1911 como “Quincenario del Círculo Obrero Católico”, órgano dos sindicatos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Mondoñedo entre o 1 de novembro de 1918 e o 1 de agosto de 1930, cando chegaba ao seu número 279. Foi subtitulada “Revista quincenal, órgano del Centro de Acción Social Católica”. Dirixida por Antonio Maseda Bouso, actuaron como redactores-xefe Enrique Costas Márquez, Vicente Saavedra e Xosé Trapero Pardo. Tiña unha clara tendencia tradicionalista e incluía informacións sobre política, agricultura, leis, asuntos sociais, actualidade e novas da entidade. Colaboraron con ela Aurelio Ribalta, Rof Codina, Xoán Armada e Enrique Mª Santos, entre outros. Nunha das súas seccións, “Sección Literaria”, difundíanse textos en castelán e poemas en galego de Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Mª da Fuente, e o himno agrario traducido ao galego de Rafael Martínez. Continuará o seu labor en Galicia social agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación titulada como “Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos” aparecida en Forcarei en 1923, que rematou a súa edición coa ditadura de Primo de Rivera. De tendencia agrarista, foi fundada e dirixida por Xosé Mª Cabadas Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado polo PSOE da Coruña durante a Segunda República. Saíu á luz o 21 de setembro de 1931 coa “dobre misión de difundir as doutrinas socialistas e evitar os atropellos de que era obxecto a clase traballadora”. As súas páxinas, nas que colaborou a militancia máis coñecida, reflectiron un talante moderado favorable á colaboración cos grupos republicanos, maioritarios no concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cianose permanente das partes distais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade para executar movementos opostos dunha maneira rápida e alternativa. É síntoma de afección cerebelosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula constituínte do tecido adiposo. Contén un vacúolo líquido de graxa, que representa o 95% do peso celular. Chámase tamén esteatocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus bracarense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba o val do Támega, contra a antiga Aquae Flaviae (actual Chaves, Portugal). Debido a dúbidas e discrepancias entre os diferentes estudiosos dos populi, este pobo aparece ás veces co nome de naebisocios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exiga chea de gas que serve de flotador nas feofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar cos fociños ou coa boca contra algo.

    2. Encontrarse con alguén por casualidade ou tropezar cun obstáculo que non se pode vencer.

    3. Afundir de proa a embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual de tendencia católica aparecida en Santiago de Compostela en 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949 no marco da reforma dos métodos de traballo agrícola. Concentra a poboación de varios kolkhoz ou sovkhoz co fin de incrementar a produción agrícola, elevar o nivel de vida e racionalizar e ampliar a oferta e calidade dos servicios. Co fracaso da economía planificada e o derrubamento do réxime comunista, deixouse de considerar este plano económico-urbanístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.

    VER O DETALLE DO TERMO