"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
democratacristián
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano fundado no 1940 que substituíu o ilegalizado Partido Democrático Nacional. Chegou ao poder coa elección para a presidencia de R. Betancourt (1945-1948) e R. Gallegos (1948), para ser prohibido tras un golpe de estado. O partido retornou ao poder cos presidentes Betancourt (1959-1964), R. Leoni (1964-1969), Carlos Andrés Pérez (1974-1979 e 1988-1993) e J. Lusinchi (1984-1988). Derivou dende posicións esquerdistas ao centro-dereita (1960-1970) e despois á socialdemocracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento vermello obtido por oxidación da adrenalina. Permite obter experimentalmente síntomas semellantes aos da esquizofrenia.
-
REPUBLICAS
Nome oficial do estado constituído o 7 de outubro de 1949 no territorio da Alemaña Oriental baixo o control do exército soviético dende o remate da Segunda Guerra Mundial. Trala caída do rexime comunista en 1989, foi anexionada á República Federal de Alemaña o 3 de outubro de 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo unitario composto por todas as forzas políticas e sindicais antifascistas, agás o PCE, constituído en xullo de 1944 coa finalidade de alentar en todo o Estado español o derrocamento do réxime de Franco. En Galicia, a CNT vai xogar un papel sobranceiro tanto no seu artellamento, como na tentativa de integrar sectores próximos ao Partido Galeguista. A Alianza comezou a tomar forma no Pleno da Confederación Regional Galaica da CNT, celebrado nos arrabaldes da Coruña a comezos de 1945 con asistencia de numerosos delegados, non só sindicais senón tamén dalgunhas partidas guerrilleiras que actuaban no L de Galicia. Unha vez coñecido o informe do comisionado do Consello nacional da ANFD, Manuel Fernández, o pleno decidiu apoiar a creación inmediata dos grupos locais da Alianza, contando co resto das correntes antifranquistas. En cumprimento do acordo, os cenetistas galegos Manuel Fernández e Xan García Durán, representantes do Consello da ANFD, contactaron en abril de 1945 con Ramón...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral, variedade do granate, de cor verde escura, que contén unha pequena cantidade de manganeso.
-
-
Alteración, habitualmente conxénita, do sentido cromático que fai que se teña unha visión das cores diferente da real.
-
Cambio da cor da pel ou do cabelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos cristais e dos minerais que teñen unha cor que non é a propia a causa da presenza de substancias estrañas incluídas que os tinxen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de organización social na que o goberno é exercido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dirixido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que designa o desequilibrio existente entre a duración do tempo do discurso e a duración do tempo da historia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario á democracia.
-
-
Non auténtico, finxido ou do que se dubida sobre a súa autenticidade.
-
Documento, texto ou libro sobre o que se dubida en canto á súa atribución, procedencia, data e, en xeral, sobre a súa realidade.
-
Cada un dos libros relixiosos que non se consideran canónicos. Os católicos chaman ‘apócrifos’ aos escritos que se parecen aos canónicos polo seu tema ou pola súa atribución a un autor inspirado. Os protestantes chámanos pseudoepigráficos, considerando apócrifos os libros do Antigo Testamento que só se conservan en versión grega e faltan no canon xudeu do s I: os libros de Tobías, de Xudit, da Sabedoría, o Eclesiástico, o de Baruc, Macabeos I e II e algúns capítulos dos de Ester e de Daniel; estes libros, denominados deuterocanónicos polos católicos, pasaron a facer parte do seu canon.
-
-
-
Dise de todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora, como na glándula mamaria.
-
Nome xenérico que designa unha glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.
-
-
-
Nas igrexas orientais, legado ou representante diplomático dos patriarcas cerca doutros patriarcas, cortes imperiais ou organismos e personaxes correspondentes. A partir do s IX adquiren carácter de legados permanentes.
-
-
Dignatario encargado de trasmitir os decretos e rescritos do Emperador bizantino ás provincias.
-
Mandatario dos papas ou outros eclesiásticos próximo do Emperador bizantino.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao sistema óptico que ten corrixida a aberración cromática polo menos para tres cores.
-
-
-
Forma de goberno na que o poder (kratos ‘dominio’) reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe, poder económico ou circunstancias persoais (moralidade, intelixencia, nivel cultural, heroicidade e esforzos pola comunidade, etc), identificados como os mellores (aristoi). O concepto, de cuño aristotélico, defínese como o ‘goberno de máis dun’, e distingue entre aristocracia, na que a finalidade que dirixe o goberno é a procura do ben xeral, e a aristocracia impura ou oligarquía, na que o goberno se dirixe ao ben particular. Stricto sensu, denomínase deste xeito a forma de goberno da sociedade grega da época Arcaica. O poder estaba en mans de terratenentes constituídos en castes hereditarias, como consecuencia tanto dos feitos bélicos causados polas invasións dorias como por afortunadas acumulacións de propiedades. Aínda que a natureza desta forza se alicerzaba no económico e no militar, a xustificación do seu poder era moral:...
-
aristocracia obreira
Concepto cuñado por E. Hobsbawn. Aplícase ao segmento especializado da clase obreira británica nos ss XIX e principios do XX nas industrias básicas, distinto económica e culturalmente do resto da masa obreira, que deu lugar aos dirixentes do movemento sindical.
-
-
Estamento nobre.
-
Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa pertencente á aristocracia.
-
-
Relativo ou pertencente á aristocracia.
-
De carácter distinguido.
-
-
-
Facer que se volva aristocrático.
-
olverse aristocrático.
-