Alemana, República Democrática
Alemana, República Democrática
Nome oficial do estado constituído o 7 de outubro de 1949 no territorio da Alemaña Oriental baixo o control do exército soviético dende o remate da Segunda Guerra Mundial. Trala caída do rexime comunista en 1989, foi anexionada á República Federal de Alemaña o 3 de outubro de 1990.