"Olinto" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Historiador grego. Sobriño de Aristóteles, acompañou como historiador a Alexandre o Grande na súa expedición a Asia. Implicado no Complot dos Magos caeu en desgraza e morreu en prisión. Non se conserva ningunha das obras que escribiu: Hellēniká, crónica da Guerra Sagrada (357-346) e Práxeis Aléxandrou, a historia de Alexandre con trazos novelescos que influiría nos séculos posteriores. Na Antigüidade foille falsamente atribuída unha vida novelada de Alexandre, que acadou gran difusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega situada na península Calcídica. Habitábana unhas tribos grecotracias que foron expulsadas na época da invasión persa de Grecia (480? a C), e os gregos da Calcídica repoboárona. Formou parte da Liga Delio-ática ata que se rebelou contra Atenas e interveu na Guerra do Peloponeso do lado de Esparta. Autónoma a partir do 421 a C, os macedonios ocupárona e destruírona en 348 a C.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Escornabois (Trasmiras). O seu cumio acada os 833 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO