"Orente" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid, en Roma, París e Milán. Fundou a Sociedad de Autores e dedicouse principalmente á zarzuela, con pezas como Música clásica (1880), La tempestad (1882), La bruja (1887), El rey que rabió (1891), El tambor de granaderos (1894), La revoltosa (1897), Curro Vargas (1898) e El puñao de rosas (1902). Nun intento de revalorizar a ópera en castelán, estreou Roger de Flor (1878), Circe (1902) e Margarita la tornera (1909). Tamén compuxo catro cuartetos de corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de corenta unidades.

      1. Período de corenta días, meses ou anos.

      2. Período, posterior ao parto, de recuperación das condicións anteriores ao embarazo.

      1. Tempo no que algo ou alguén está illado e vixiado.

      2. Limitación da liberdade de movementos a individuos subceptibles de estar afectados por unha enfermidade contaxiosa ou a mercadorías procedentes de zonas endémicas ou epidémicas por un período de tempo igual ao período de incubación da enfermidade.

      3. Situación de vixilancia na que se pon algo ou a alguén antes de ser aceptado como bo ou verdadeiro.

    2. Idade comprendida entre os corenta e os cincuenta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Camariñas, no litoral da parroquia de Moraime (concello de Muxía), situada ao L da vila de Muxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Formado en Marburg, foi profesor da Universidad de Madrid e discípulo J. Ortega y Gasset, de quen tomou o concepto de “razón vital”. Tras residir en París, converteuse ao catolicismo e ingresou no mosteiro de Poio. As súas obras máis destacadas son La filosofía de Kant (1917), La filosofía de Bergson (1917), Ensayos sobre el progreso (1932), Lecciones preliminares de filosofía (1937) e Idea de hispanidad (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Dirixiu Las Provincias (1911-1949) e foi director delegado do Centre de Cultura Valenciana (1940-1949). Escribiu narracións, a biografía Eduardo Escalante (1934) e a crónica de guerra Los valencianos en San Sebastián (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Adquiriu e dirixiu o xornal La Opinión, que se denominou posteriormente Las Provincias. Poeta e autor dramático na súa mocidade, a influencia de Marià Aguiló decantouno cara ao catalán. Da súa produción destacan Versos de la juventud (1920) e Poesies valencianes (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Loitou na Guerra de Independencia contra os franceses, participou na sublevación de Díaz Porlier (1815) e na conspiración liberal de 1817. Co grao de sarxento maior da Columna de Granadeiros Provinciais, foi deputado polo Reino de Galicia (1821-1823). Coa volta do absolutismo foi condenado a morte e fuxiu a Xibraltar e Reino Unido, onde participou na organización de diversos plans de invasión. Regresou en 1833 e foi subsecretario do ministerio da Guerra e deputado pola provincia de Pontevedra (1834-1836) e polo distrito de Vigo (1851-1852). Rematou a súa carreira militar como mariscal de campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de Astáriz. Participou na Guerra de Independecia e apoiou o levantamento constitucional de 1820. Loitou contra as partidas realistas á fronte da Milicia Nacional Activa de Ferrol, e trala volta do absolutismo tivo que exiliarse (1823-1833). Deputado por Galicia (1834-1835), foi comandante militar e gobernador civil de Lugo (1835). Comandante xeneral da praza de Santiago de Compostela (1836), enfrontouse co arcebispo Vélez e co bispo auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, fillo de Manuel Llorente Pastor. Xeneral de división, organizou en Cuba a Garda Civil. Desde 1878 ata 1886 foi gobernador militar de Vigo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e armador. Realizou transaccións comerciais con diversos portos peninsulares de Andalucía, Portugal e Bizkaia. Ocupouse da explotación pesqueira e promoveu a instalación de fábricas de salgadura de sardiña. Foi administrador de impostos no porto de Vigo. En 1767 foi alcalde de Vigo e da súa xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e historiador. Secretario xeral da Inquisición (1789-1801), foi nomeado conselleiro de estado por Xosé Bonaparte (1808) e encargouse dos arquivos da Inquisición (1809), da supresión das ordes monásticas e da dirección xeral dos Bens Nacionais. En Francia escribiu Historie critique de l’Inquisition d’Espagne (1817-1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e avogado. Colaborou no Diario de Toledo, onde se fixeron moi populares os seus artigos de opinión e costumes co pseudónimo de Luaces. Posteriormente, colaborou en ABC, El Alcázar e, co pseudónimo de Acicate, en La Codorniz. A súa achega máis importante á prensa española foi a invención do formato tabloide, aceptado logo da saída de El País, xornal no que foi o seu primeiro director de maquetación. Publicou A prensa plural (1980), La prensa en la ditadura (1986), Manual del periodista activo (1987), Para comprender o pensamento franquista na prensa (1989) e El éxito del formato tabloide (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e médico. Foi o primeiro director do Jardí Botánico de València, instalado en 1802. Das súas obras destacan os tratados Nova generum Polygamiae classificatio (1796), Cartas... sobre las observaciones botánicas que ha publicado D. Antonio José Cavanillas (1797-1798) e Disertación sobre el sistema de Linneo (1806).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantaor flamenco. Desde moi novo desenvolveu o seu labor en diversos escenarios de Andalucía e Madrid. Cunha personalidade e estilo propios, unida a unha ortodoxia no cante, nas súas gravacións integra textos poéticos dos principais autores españois, introduce o flamenco na música sinfónica e litúrxica, no teatro clásico e no ballet, e fusiona o flamenco co jazz e o rock. Colaborou con Paco Cortés, Manolo e Isidoro Sanlúcar, Enrique de Melchor e, sobre todo, con Pepe Habichuela. Da súa discografía destacan Cante flamenco (1967), Esencias (1988), Misa Flamenca (1991), Omega (1996), Morente-Lorca (1998) e El pequeño reloj (2003). Recibiu o Premio Nacional de Música (1994) e o Galardón de Honor dos Premios de la Música (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo maxistral da colexiata de Santa María do Campo na Coruña e director da publicación relixiosa Pobo de Deus. Traduciu ao galego os Evanxeos, A palabra de Deus (1965), e escribiu O misal galego (1968) e O catecismo na escola I (1972). Recibiu o Pedrón de Ouro (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome latino Orientius ‘oriental’, ‘procedente do leste’, que deriva do verbo oriri ‘nacer, xurdir’. Este nome sufriu, posiblemente antes de chegar a Galicia, unha monotongación (Oriente > Orente). A forma Ourente coexiste en Galicia coa etimolóxica, quizais por relacionalo equivocadamente coa palabra ouro. Presenta as variantes Ourente, Orencio e Orentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Catedrático de latín (1942-1956) e reitor (1951-1956) da Universidad de Salamanca, ingresou na Real Academia Española en 1968. Publicou estudos e traducións sobre autores grecolatinos, como Gramática histórica latina: Sintaxis (1946), Vida de Aristóteles (1947) ou Aristóteles Retórica (1953), e sobre temas diversos de lingüística indoeuropea (Sprachen und Inschriften, Studien zum Mykenischen, Lateinischen und Hispanokeltischen), prerromana (Estudios sobre las primitivas lenguas hispánicas, 1949; The ancient languages of Spain and Portugal,1961), vasca (La lengua vasca, 1950) e amerindia (Catálogo de las lenguas de América del Sur, 1961; e Relatos y diálogos de los matacos seguidos de una gramática de su lengua, 1982). Foi nomeado doutor honoris causa pola universidades de Múnic (1953), Bos Aires (1954) e Dublín (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO