"Orne" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome sueco do lääni finlandés de Turku e Pori.
-
-
Colocar algo nun recuncho.
-
Colocarse nun recuncho para protexerse de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal que ten os cornos brancos.
-
GALICIA
Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor (Un vello, coñecido olor, 1964), Premio Josep M. de Sagarra 1963. O seu teatro de inspiración realista, baséase a miúdo en técnicas de orixe literaria. Entre as súas obras destacan: Revolta de bruixes (Revolta de bruxas, 1976), Quan la ràdio parlava de Franco (Cando a radio falaba de Franco, 1980), El manuscrit d’Alí-Bey (O manuscrito de Alí-Bey, 1985), Desig (Desexo, 1991), Carlota i la dona de neu (Carlota e a señora de neve, 1992), E. R. (Premio Nacional de Teatro, 1995) e Testament (Testamento, 1996). Cultivou o teatro infantil, é guionista de televisión e foi un dos fundadores da revista Els Marges, onde colaborou como crítico literario. En 1991 obtivo o Premio Nacional de Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que aparece cando hai unha parálise homolateral do sistema simpático cervical superior. Caracterízase por miose, ptose palpebral, enoftalmia e trastornos vasomotores da metade da cara correspondente.
-
-
Que presenta dous cornos ou puntas.
-
Sombreiro de dúas puntas ou cornos, propio da indumentaria dos diplomáticos, dos académicos e dalgúns uniformes militares ou escolares antigos.
-
-
PERSOEIRO
Poeta neerlandés. Influído primeiro polos simbolistas franceses, escribiu Het verlangen (A nostalxia, 1921), e derivou despois cara á desesperanza en De nederlaag (A desfeita, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza condutora dun dispositivo eléctrico, que serve para efectuar as conexións dos fíos condutores, que son suxeitados xeralmente por un parafuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, un borne. Relaciónanse tamén con esta caste o apelido Borda.
-
PERSOEIRO
Escritor adscrito ao movemento da Nova Alemaña. Fixo crítica literaria politizada con linguaxe periodística.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tipo de pedra dura e de cor negra empregada na construción da moa do muíño fariñeiro.
-
Moa do muíño fariñeiro construída cun tipo de pedra que recibe o mesmo nome.
-
-
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Esteiro (concello de Muros), situada ao O da praia de Fontenla
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Negreira. As súas armas levan, en campo de azul, unha borneira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borneiro e Bornaz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fariña moída cun tipo de pedra dura e negra chamada borneira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Borneiro (Cabana), aséntase no cumio dun montículo. A actividade neste castro remóntase ao s VI a C e dáse por finalizada no s I d C. As escavacións aquí realizadas puxeron de manifesto que o poboado estaba defendido por varias liñas de murallas tendo como único acceso coñecido unha pequena porta exterior situada, así mesmo, entre dúas murallas. As vivendas atopadas dentro do recinto amurallado son todas moi similares, con planta circular irregular ou do tipo de planta alongada, arredondada nos extremos. Atopáronse tamén pequenos muros de unión ou limitadores de vivendas, con escasa separación de paredes exteriores. Ten tamén un barrio exterior, entre ambos os dous recintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que estivo situado no lugar de Vilanova, na parroquia de San Xoán de Borneiro (Cabana). Foi un mosteiro familiar fundado por Arxilo Peláez. No ano 1095, foi doado ao mosteiro de San Xián de Moraime (Muxía).
-
ILLAS
Illa do arquipélago malaio (entre os océanos Índico e Pacifíco), a terceira do mundo pola súa superficie, despois das de Grenlandia e Nova Guinea (743.385 km2; 15.316.000 h [estim 1995]). Esténdese en latitude entre os 6° 58’ N e os 4° 9’ S, e en lonxitude dende os 108° 48’ L ata os 119° 14’ L. O seu territorio repártese entre tres estados: Indonesia (provincias de Borneo Central ou Kalimantan Tengah, Borneo Meridional ou Kalimantan Selatan, Borneo Occidental ou Kalimantan Barat, e Borneo Oriental ou Kalimantan Timur), Malaisia (estados de Sabah e Sarawak) e Brunei. Distínguense dous sectores: a parte central e setentrional, accidentada por montañas de altura media, que no cume Gunong Kinabalu chega a 4.101 m, e a franxa litoral, na que abundan os terreos pantanosos. O clima é ecuatorial, mantendo unha temperatura elevada de xeito uniforme ao longo do ano (a media anual é de 27,3°C, sendo a temperatura de xaneiro de 26,7°C e a de xullo 27,8°C) e un réxime de precipitacións tamén...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome colonial (obsoleto) de Sabah , estado de Malaisia.