"Osmo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘mundo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base de lanzamento espacial situada preto do mar de Aral a aproximadamente 400 km ao SO da cidade do mesmo nome, no Kazakhstán, a 46° de latitude N. Construída pola Unión Soviética, logo da súa desintegración e a independencia do Kazakhstán, Rusia continúa empregándoa para o lanzamento das súas naves espaciais, co consentimento do goberno kazakho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación da santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘mundo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia a influencia dos fenómenos cósmicos nos procesos vitais dos organismos vivos, como, por exemplo, o efecto das diferentes fases da Lúa na xerminación das sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cosmobioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base de lanzamentos espaciais que se utiliza en Rusia e nos países da CEI (antigamente a Unión Soviética).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina de carácter mítico-relixioso, filosófico ou, en xeral, precientífico, sobre a orixe e a formación do Universo, propia de cada pobo ou cultura. Xeralmente, vinculábase a orixe do cosmos á orixe do home, ambas as dúas atribuídas a seres sobrenaturais preexistentes ou ben a unha orde cósmica xeral, a miúdo materializada polo océano primixenio, ou partindo da existencia inexplicada do caos, de onde nacerían determinadas estruturas, como o ovo cósmico ou a árbore orixinal. As cosmogonías do antigo Oriente teñen como característica común a crenza de que a auga, substancia primordial, existía antes do inicio da creación, idea presente con distintas variacións tanto nos mitos exipcios coma nos sumerios, babilonios e persas. Os relatos do libro da Xénese, contemporáneos destas tradicións, presentan elementos comúns co mito babilónico pero diferéncianse pola defensa do monoteísmo máis estricto. No Rig Veda dos antigos hindús aparecen varias versións da creación do mundo,...

    2. Rama da astronomía que ten por obxecto o estudio da formación dos obxectos celestes (planetas, estrelas, galaxias, etc). Diferénciase entre cosmogonía planetaria, cosmogonía estelar e cosmogonía galáctica, segundo o tipo de obxecto celeste que estudie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cosmogonía.

    2. Lapso transcorrido entre a orixe do Universo e o momento correspondente á rocha máis antiga datada radiometricamente (aproximadamente 4.000 millóns de anos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da astronomía que se ocupa da descrición do Universo, na súa totalidade ou nalgunha das partes que o constitúen, a través de conceptos elementais do campo das matemáticas e da física.

    2. Denominación coa que se designaba a xeografía na Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estudia a cosmografía ou que ten un especial coñecemento nese campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en cosmoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina sobre a constitución actual e a natureza do Universo entendido como un todo. As cosmoloxías construídas no decurso do tempo reflectiron o ambiente físico-natural e sociocultural do lugar e do momento no que xurdiron. Pero desta simple proxección de experiencias cotiás, como é o caso das cosmoloxías primitivas, pasouse ás construcións metafísicas dos filósofos e aos complicados modelos matemáticos da ciencia moderna. En Occidente, a cosmoloxía redúcese actualmente a unha rama da astronomía. Aristóteles desfíxose da tradición e limitouse ao campo estricto da cosmoloxía. O modelo cosmolóxico grego acadou a súa expresión máis completa con Ptolomeo e dominou durante moitos séculos o pensamento occidental. No s XVI Copérnico iniciou a súa gran revolución ao desprazar a Terra da súa posición no centro do Universo. Posteriormente, G. Bruno, J. Kepler, G. Galilei e I. Newton déronlle carácter universal e científico á revolución copernicana ao desenvolver a astronomía. Problemas como os...

    2. Rama da astronomía que ten por obxecto o estudo da orixe, a evolución e a estrutura, a grande escala, do Universo. A súa finalidade é a elaboración de modelos cosmolóxicos, que son en realidade modelos físico-matemáticos que permiten reproducir en termos simples a evolución do Universo. Moitos destes modelos derivan do desenvolvemento da relatividade xeral de Einstein. Pódese destacar o feito que implica un cambio na forma de concibir o espacio-tempo: a presencia dunha masa calquera nunha rexión determinada do espacio-tempo fai que este se deforme de xeito que outra masa que percorra esta rexión experimentará a denominada curvatura do espacio-tempo. As ecuacións de campo de Einstein adoptaron unha forma moi simple cando, en 1935, Robertson e Walker derivaron, partindo unicamente do principio cosmolóxico (que di que o Universo é homoxéneo e isótropo), unha métrica do espacio-tempo. En 1917 o mesmo Einstein propuxo un modelo de Universo estático e de idade infinita. W. de Sitter estudiou...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cosmoloxía.

      1. principio cosmolóxico

        Principio que establece que o Universo presenta, en liñas xerais, o mesmo aspecto en todos os seus puntos, agás algunha pequena irregularidade local, de xeito que non hai nin lugares nin direccións privilexiadas. É a base dalgúns modelos cosmolóxicos.

      2. principio cosmolóxico antrópico

        Principio segundo o que, de entre todos os conxuntos de condicións iniciais posibles para a formación do Universo, se exclúen os que non conducen, dun xeito máis ou menos azaroso, ao desenvolvemento da vida humana intelixente. O feito de que o ser humano exista limita os tipos de universos que se poderían considerar. Incorporárono á cosmoloxía G. J. Whitrow, R. H. Dicke e B. Carter, e, posteriormente, J. A. Wheeler desenvolveuno.

      3. principio cosmolóxico perfecto

        Extensión do principio cosmolóxico ao tempo, é dicir, segundo o que o Universo presenta sempre o mesmo aspecto.

    2. Proba da existencia de Deus, asimilable ao argumento teleolóxico, que consiste en deducir da existencia do Universo unha última causa do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Astronauta ruso ou da CEI (anteriormente soviéticos) ou dos países da súa influencia, segundo a terminoloxía espacial cuñada na URSS e empregada en Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • astronáutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da onomástica que ten por obxecto o estudo dos cosmónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO