"Ostia" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
irxe e mártir da cidade romana de Ostia. Morreu afogada logo de ser tirada ao mar atada a unha moa de muíño. A súa festa conmemórase o 24 de agosto.
-
CAPITAIS
Capital do territorio de Gipuzkoa, na Comunidad Autónoma del País Vasco, á beira do Mar Cantábrico (176.908 h 1996).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O núcleo orixinal da cidade foi o porto situado sobre o istmo, ao pé do monte Urgull, no extremo oriental da baía de La Concha. A posterior expansión urbana levouna no s XIX ata a canle do río Urumea, que traspasou na segunda metade do s XX. En 1854 converteuse en sede das delegacións gobernamentais no territorio de Gipuzkoa, asimilado ao réxime xeral de administración provincial. A función administrativa e, sobre todo, a orientación cara a actividades turísticas, dinamizaron a cidade. A inauguración do casino en 1882 e as estadías de verán da familia real no Palacio de Miramar convertérona nun dos principais centros estivais da Península. O peche do Gran Casino pola prohibición do xogo en 1924 supuxo unha paréntese para o turismo, que se recuperou trala Guerra Civil. Nas décadas posteriores á guerra, desencadeouse un forte proceso... -
VER O DETALLE DO TERMO
José Gonzalo Zulaica Arregui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...
-
-
Relativo ou pertencente a Donostia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Donostia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feudo de Polonia.
-
-
íctima ofrecida en sacrificio a Deus.
-
Anaco pequeno de pan ácimo que o sacerdote consagra na misa como corpo de Cristo.
-
Lamia moi fina feita principalmente con auga e fariña que se emprega en repostería.
-
Golpe que se lle dá a alguén, xeralmente coa man.
-
Golpe forte e violento entre dous ou máis corpos.
-
Expresión que manifesta sorpresa, dor, estrañeza, admiración, anoxo, etc.
-
-
-
Caixa na que se gardan as hostias que non están consagradas.
-
Molde para facer hostias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade romana situada na desembocadura do Tíber, ao lado da actual vila e estación balnearia homónimas, na provincia de Roma. Fundada, segundo a tradición literaria, por Anco Marcio, as escavacións demostraron que os restos máis antigos datan do s IV a C, época en que foi construído o castrum. Foi colonia militar e residencia do quaestor ostiensis, e tivo unha grande importancia como base de avituallamento naval. Saqueada por Mario e reconstruída por L. C. Sula no s I a C, Augusto enriqueceuna con toda clase de edificios, e baixo o mandato de Adriano e dos Antoninos converteuse en centro de residencia das familias notables. Sé episcopal destacada, foi devastada por Alarico en 408. Saqueada polos árabes nos ss VIII e IX, en 1150 deixou de ser sé episcopal e non foi reinstaurada ata 1914.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ostíaco ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo ostíaco.
-
Individuo dun pobo que habitaba en Siberia na rexión comprendida entre ambas as dúas beiras do Obi, no okrug de Khantis e Mansis. A súa cultura é bastante primitiva e viven da gandaría de renos, da caza e da pesca.
-
Lingua finoúgria do phylum uraliano, que, xunto co vogul, forma o grupo das linguas ugrias do Ob, que se fala en Siberia Occidental. O ostíaco e o vogul caracterízanse polo uso do número dual, pola posibilidade de integrar o complemento directo pronominal no verbo (conxugación determinada ou obxectiva) e polo feito de que o predicado nominal rexeite o verbo copulativo nas terceiras persoas do presente de indicativo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficio da persoa a quen lle corresponde velar a porta nas funcións litúrxicas. Ata as reformas posconciliares, era a primeira das catro ordes menores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crego que recibiu o ostiariado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
papán.