"Oviedo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Caaguazú, Paraguay (38.319 h [estim 1992]). É o centro dunha rica rexión agropecuaria, con importantes industrias alimentarias. Tamén cumpre funcións administrativas e de servicios. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, cana de azucre e tabaco. Fundouna en 1759 o coronel Jaime Sanjust.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, naturalista e historiador. Secretario do Consello da Inquisición e de G. Fernández de Córdoba y de Herrera, marchou en 1514 a América, onde ocupou, entre outros, os cargos de gobernador de Cartagena (1526), cronista de Indias (1532) e alcaide da fortaleza de Santo Domingo (1536). Nos seus escritos considerou os indios como seres inferiores, idea que o enfrontou a Bartolomé de las Casas, e afirmou a necesidade de que a conquista se realizase por medio dunha organización de carácter militar. Da súa produción, destaca Don Claribalte (1519), novela de cabalería, Sumario de la Natural Historia de las Indias (1526), Historia general y natural de las Indias (1535-1880) e Catálogo Real de Castilla (1552).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital do Principado de Asturias, situado na depresión prelitoral ou conca de Oviedo e na vertente S da pequena serra do Naranco, entre os ríos Nora e Nalón (201.154 h [2001]). O crecemento demográfico foi lento ata que a explotación da conca mineira revitalizou a economía da rexión e favoreceu a expansión urbana. Á función administrativa e de servizos únense a de centro financeiro, industrial e cultural. As principais industrias son as metalúrxicas e as químicas. É sé episcopal. Afonso II o Casto estableceu alí a corte e pasou a ser a capital do reino asturiano. Durante os ss XIV e XV foi escenario de loitas entre os diferentes estamentos sociais. Afectada pola crise castelá do s XVII, iniciou a súa recuperación a finais do s XVIII, e a mediados do s XIX converteuse nun núcleo importante de movemento obreiro. En 1934 foi escenario dos Feitos de Outubro (1934) e uniuse ao alzamento militar do xeneral Franco (1936). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e relixioso. Doutor en Teoloxía, foi un dos fundadores da Real Academia Galega e xefe do Arquivo Rexional de Galicia. Foi discípulo de A. López Ferreiro e considerou que a historiografía debía empregar a consulta e a crítica das fontes orixinais. Avogou por unha interpretación da historia tradicional e católica. Escribiu “La teología gallega en la Edad Media: Eadmerus y Pedro Compostellano” (1906), “El alzamiento y el monasterio de San Martín Pinario” (1908) e Fragmento de un códice galaico-castellano de Las Partidas” (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi arcebispo de Dublín (1599) e organizou a expedición que saíu desde A Coruña para reconquistar Irlanda do dominio protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO