Coronel Oviedo
Coronel Oviedo
Capital do departamento de Caaguazú, Paraguay (38.319 h [estim 1992]). É o centro dunha rica rexión agropecuaria, con importantes industrias alimentarias. Tamén cumpre funcións administrativas e de servicios. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, cana de azucre e tabaco. Fundouna en 1759 o coronel Jaime Sanjust.