"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘agarrar, prender’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-leps(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
-leps(e/ia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘visión’, ‘exame’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada que se emprega na sistemática vexetal para formular os nomes de clase.
-
PERSOEIRO
Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carencia ou perda da vista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rixidez ou inflexibilidade dun membro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de formigas mouras de pequenas dimensións que forman colonias na terra ou na madeira. Dentro deste xénero son comúns dúas especies: A. fuliginosus, que vive nas árbores, na madeira morta ou mesmo nas madeiras húmidas dentro das casas; e A. niger, que é frecuente en campos e xardíns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deficiencia mental caracterizada pola incomprensión, a dúbida e a incerteza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade ou dificultade de percibir ou distinguir as cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución natural ou carencia completa de sede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das gramíneas, con inflorescencias de espiguiñas illadas e sentadas de tres ou catro flores, glumas iguais e ata catro aristas no ápice. En Galicia aparecen en ambientes secos da área mediterránea as especies A. geniculata e A. triuncialis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo do exército alemán destinado en África durante a Segunda Guerra Mundial, fundado en 1941 para contrarrestar a desfeita das forzas italianas. O Afrikakorps, mandado por E. Rommel, estableceuse en Trípoli (Libia) e participou en todas as batallas libradas polo Eixo no norte africano. Derrotado polos británicos en El ‘Alamein (1942), capitulou en Túnez (12 de maio de 1943).
-
PERSOEIRO
Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Animal que ten a cabeza branca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga necrópole de Arles, Provenza. Do s IV ao XIII foi unha das máis sobranceiras do mundo occidental. Os restos que remanecen están aliñados e dan forma a unha avenida que desemboca na igrexa románica de Santo Honorato.
-
PERSOEIRO
Vicealmirante neerlandés. Durante a Guerra da Liga de Augsburgo (1689-1697) comandou as escuadras aliadas contra a francesa, que derrotou na Hague (1692).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Psicose caracterizada por trastornos na percepción de fenómenos exteriores, sen alteración das facultades motoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á personalidade en relación co medio exterior.