Afrikakorps

Afrikakorps

Corpo do exército alemán destinado en África durante a Segunda Guerra Mundial, fundado en 1941 para contrarrestar a desfeita das forzas italianas. O Afrikakorps, mandado por E. Rommel, estableceuse en Trípoli (Libia) e participou en todas as batallas libradas polo Eixo no norte africano. Derrotado polos británicos en El ‘Alamein (1942), capitulou en Túnez (12 de maio de 1943).

Palabras veciñas

africar | áfrico | afrikaans* | Afrikakorps | Afrikaner Bond | afrikaner* | Afro