"Pequín" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Biblioteca pública con sede en Pequín. Fundada durante os últimos anos do Imperio, en 1910, conserva os antigos catálogos e as coleccións das dinastías Song do sur, Iuan, Ming e Xing. É a biblioteca central chinesa e dispón duns 15 millóns de volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de China e da rexión do Norte que, xunto cos suburbios, forma unha multicapacidade especial, que é unha unidade administrativa como o sheng, baixo a autoridade directa do goberno (16.808 km2; 13.820.000 h [2000]). Está situada ao NL do país, no extremo NO da chaira de Hebei, entre os ríos Beihe (Pei Ho) ao L, e o Yongding ao O. Malia as destrucións e reconstrucións sufridas ao longo dos séculos, a cidade mantivo o seu plano tal e como o concibiu Khublai Khan. Está formada por dúas cidades amuralladas contiguas: ao N a Cidade Tártara ou Cidade Interior, que contén a Cidade Prohibida, e ao Sur a Cidade Chinesa ou Cidade Exterior, formada principalmente por barrios de comerciantes. Ademais da función política e administrativa, é un gran centro cultural, comercial e industrial. Centro artesanal reputado no pasado, desenvolveu unha grande e moderna industria de siderurxia, material ferroviario, maquinaria, tractores, electrónica, téxtil, química, confección, pel,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pithecanthropus.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Pequín ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Pequín.

    1. Aplícase á raza de cans de compañía, de orixe chinesa, de pequenas dimensións e coa cabeza masiva, o fociño chato, amplo e engurrado, os ollos saíntes, as orellas caídas e o rabo longo e elevado. O pelo é longo, duro, liso e abundante, e pode ser de calquera cor.

    VER O DETALLE DO TERMO