Biblioteca Nacional de Pequín

Biblioteca Nacional de Pequín

Biblioteca pública con sede en Pequín. Fundada durante os últimos anos do Imperio, en 1910, conserva os antigos catálogos e as coleccións das dinastías Song do sur, Iuan, Ming e Xing. É a biblioteca central chinesa e dispón duns 15 millóns de volumes.