Biblioteca Medicea-Laurenziana

Biblioteca Medicea-Laurenziana

Biblioteca pública con sede en Florencia. Formada inicialmente en 1523 polas bibliotecas de Cosimo, Lorenzo e Pietro de Medici. Clemente VII abriuna ao público no ano 1532. O seu fondo máis rico é constituído polos manuscritos gregos e latinos, pois conta con máis de 10.000 exemplares desta modalidade.