Biblioteca Nazionale Centrale
Biblioteca Nazionale Centrale
Biblioteca pública con sede en Florencia. Fundada a partir dos libros do bibliófilo italiano A. Magliabecchi (morto no 1714), pasou a ser de dominio público no 1747, para fusionarse posteriormente coa Biblioteca Palatina (1861), fundada por Fernando III, duque da Toscana. Cuns 4.500.000 volumes, é a máis importante das oito bibliotecas centrais do sistema italiano de bibliotecas.