"Persio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Acción de rociar.

    2. Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.

    2. Condición de disperso.

    3. Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio. Mídese mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.

    4. Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste. Denomínase tamén así a difusión á que se somete a onda ou o feixe de partículas en cuestión, como consecuencia deste proceso.

    5. Fenómeno consistente no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, como por exemplo un transformador, se desvía do circuíto magnético, xeralmente de ferro, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.

    6. ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.

    7. Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante, que pode ser un líquido, un sólido ou un gas.

    8. Forma de poboación que corresponde ao hábitat disperso.

    9. Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos producidos polos proxectís disparados por unha peza de artillería, sen variar os datos da puntería e coa mesma carga de proxección. Esta distribución segue a lei de Gauss ou lei normal. A dispersión de tiro prodúcese principalmente polas irregularidades na rotación do proxectil debidas a desprazamentos do centro de gravidade e polas pequenas diferencias nas cargas de proxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta satírico latino. De orixe etrusca, viviu en medio da sociedade neroniana, da que criticou os costumes, e formou parte do círculo estoico. Amigo de Lucano e do filósofo Cornuto, que editou a súa obra postumamente, escribiu seis satirae, que reúnen un conxunto de 650 hexámetros de estilo horaciano, pero cunha linguaxe sinxela.

    VER O DETALLE DO TERMO