Guardo

Guardo

Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, delimitado ao O polo río Carrión (8.209 h [2001]). Está situado ao pé da Sierra del Brezo. Destaca a agricultura (cereais, patacas) e a gandería (gando lanar). Cómpre salientar tamén as industrias químicas e a extracción de carbón. De orixes incertas, foi cedida en 1354 por Pedro I o Cruel a Juan Rodríguez de Cisneros e permaneceu vinculada a esta familia ata o s XIX. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o palacio do bispo Bullón (s XVIII) e a igrexa de San Juan (s XVIII).