"Puebla" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • CAPITAIS

    Capital do estado de Puebla, México (1.346.916 h [2000]). Situada nun gran val preto da vertente oriental do sistema Tarasco Nahua, ao pé do Iztaccíhuatl e o Popocatépetl, é un dos centros económicos do país. Destacan as industrias téxtiles, alimentarias, de material de construción e de xoiaría. Fundada por Julián Garcés (1531), ao ano seguinte, recibiu o nome de Puebla de los Ángeles e en 1786 estableceuse alí unha intendencia. En 1821 foi ocupada polos independentistas e en 1847 polos norteamericanos. Núcleo de oposición á intervención francesa, foi defendida polo xeneral Zaragoza (1862) e os franceses foron expulsados por Porfirio Díaz (1867). Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, comezada en 1575 e deseñada por Francisco Becerra, e as igrexas barrocas dos ss XVII e XVIII, con fachadas a pedra traballada que alternan con mosaicos polícromos. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México, situado no extremo oriental de Mesa de Anahuac, que constitúe un gran val bordeado de serras (33.902 km2; 5.076.686 h [2000]). A súa capital é Puebla. Ao L están as altitudes de Cofre de Perote (4.110 m), o Orizaba (5.700 m) e o Ocelotín. O gran val de Puebla presenta altitudes medias de 2.000 m e os conos volcánicos (Malintzin, 4.440 m) pechan a horizontalidade do val. Destaca tamén o volcán Popocatépelt (5.452 m). O clima é frío e seco no interior e tropical húmido nas vertentes orientais e na depresión de Las Balsas. É un estado agrícola e un dos maiores produtores de millo e cana de azucre. Na época precolombina estivo dominado polos totonacas e os tlaxcaltecas, pobos que, por inimizade co azteca, se aliaron con Hernán Cortés (1519). Convertido en provincia de México desde 1538, coa independencia converteuse en estado da federación mexicana (1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado a 12 km da capital provincial e preto da desembocadura do río Gállego (2.296 h [2001]). A súa economía baséase no sector industrial, moi diversificado, e nos servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo río Gigüela (5.526 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NL de Morón de la Frontera e regado polo río Corbones (10.518 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra e delimitado ao N polas comunidades de Castela-A Mancha e Murcia (2.549 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias como a elaboración de fariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao L de Portugal, co que limita, e ao pé de Sierra Morena (3.196 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría, na minaría e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Guadiana, ao L da capital provincial (5.522 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en Sierra Morena, delimitado ao L polo río Retortillo, afluente do Guadalquivir (3.293 h [2001]). Ademais das actividades agrícola e gandeira, posúe industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao O da capital provincial e regado polo Tajo (7.131 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé de Sierra de San Pedro e regado polo Guerrero, afluente do Guadiana (2.062 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao N de Portugal e regado polo río Tera (1.565 h [2001]). É un centro agrícola, gandeiro e pesqueiro, no que tamén destaca o turismo. Pertenceu aos condes de Benavente. O seu conxunto histórico artístico, do que destaca o castelo dos condes, foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, ao S de Zafra (2.887 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría e no termalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, regado polo río Guadalquivir (10.499 h [2001]). É un núcleo agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Tajo, que delimita o sector N do termo (2.017 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Son característicos os mosaicos de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO