"Roberto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Informático. Licenciado na Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidade de Bos Aires. A súa ascendencia galega levouno a impulsar unha aplicación tradutora galego-castelán-galego a través do Proxecto Rianxo e do Proxecto Rábade, que propón a aprendizaxe da lingua galega a través de Internet nun curso dirixido especificamente, aínda que non pechado, aos emigrantes. O Proxecto Rianxo conta coa colaboración de navegantes galegos de distintos eidos profesionais (lingüistas, xornalistas, informáticos, etc) e está integrado no grupo de traballo Xis, que promoveu o primeiro navegador galego de Internet.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e pedagogo. Ordenado sacerdote, abandonou a Igrexa e foi profesor na Universidade de Padua. Positivista, representou a tendencia subxectivista propia de J. Stuart Mill e E. Mach, fronte ao obxectivismo de A. Compte. Das súas obras destacan: Psicologia come scienza positiva (Psicoloxía como ciencia positiva, 1870), La morale dei positiviste (A moral do positivismo, 1893) e Scienza dell‘educazione (Ciencia da educación, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas como El juguete rabioso (1926) e Los siete locos (1929), contos e pezas teatrais como 300 millones (1932). Como periodista foi autor de numerosas crónicas, algunhas delas recollidas baixo o título Aguafuertes porteñas (1933), nas que describiu, con estilo caótico e vigoroso, personaxes a miúdo grotescos desde unha perspectiva individualista e masoquista. Enviado en 1934 a España, publicou no diario arxentino La Nación a colección de crónicas logo recollidas en Aguafuertes españolas (1936) e Aguafuertes gallegas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Montepulciano, Toscana 4.10.1542 - Roma 17.9.1621) Xesuíta, cardeal e teólogo. Ingresou na Compañía de Xesús e foi ordenado sacerdote en 1570. En 1599 acadou o cargo de cardeal e entre 1602 e 1605 foi bispo de Capua. Foi profesor de Teoloxía na Universidade de Louvain, onde destacou como polemista. A súa obra principal son as Disputationes de controversiis christianae fidei adversus huius temporis haereticos (Discusións sobre as controversias da fe cristiá contra os herexes do seu tempo, 1586-1593). Baseou a súa teoría política en que o poder espiritual non debía dominar o poder civil e temporal, que ten a súa propia autonomía, e en que o Rei non ten ningún poder divino directo, razóns polas que defendeu a primacía pontificia nas controversias político-relixiosas con Venecia (1606-1607) e Inglaterra (1606-1609). Así mesmo, interveu nos procesos contra Giordano Bruno, Campanella e Galileo. Foi canonizado en 1930. A súa festividade celébrase o 17 de setembro.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico.Recibiu dun Oscar pola súa interpretación no papel principal de La vitta é bella (A vida é fermosa, 1997), filme que obtivo un grande éxito a nivel internacional, con tres Oscars das cinco nominacións que tivo no ano 1999. Comezou no teatro en 1972 en Roma, nunha comedia titulada I Burosauri. Dirixiu e interpretou Tu mi turbi (1983) e participou como actor nas películas Berlinguer ti voglio bene (1977), Coffee and Cigarettes (Café e cigarros, 1986), The secret son of the Pink Panther (O fillo secreto da Pantera Rosa, 1993) e na produción francesa Asterix e Obelix versus Caesar (Astérix e Obélix contra César, 1999), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Non fixo máis estudios que os primarios, pero as inquietudes sociais, políticas e sobre todo culturais do pai, e a instrución da nai fixeron alicerzar nel unha sólida formación autodidacta e un gusto máis que notable pola cultura clásica greco-latina, moi perceptible no seu estilo prosístico e na súa inspiración poética. Aos 15 anos emigrou a Cuba tralos pasos dos seus irmáns maiores. Se o ambiente familiar definiu en Blanco Torres un primeiro factor biográfico singular -o autodidactismo cultural-, a experiencia cubana determinou a súa complicidade coa causa agraria, o que deseñou xa o seu estrato ideolóxico fundamental. En La Habana, entrou en íntimo contacto cos intelectuais e artistas da colonia galega e coa súa rica actividade societaria (Curros, Waldo Álvarez Insua, Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez, Antón Villar Ponte, Nan de Allariz, Xosé Fontenla Leal, Virxilio Blanco Garrido, Xulio Sigüenza, Mercedes Vieito Bouza, Ricardo Fortes e Chané, entre outros) e desenvolveu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Universidade da Coruña e como visiting researcher impartiu cursos nas universidades de Georgetown (Washington DC), La Sapienza (Roma) ou Boloña. Especialista en dereito de partidos, foi convocado como experto pola Comisión para el Estudio y la Investigación sobre Financiación de partidos, creada en 1995 no Congreso dos Deputados. Publicou, entre outras obras: Rey, Cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal. 1808-1823 (1988), La ordenación constitucional de la defensa (1988), Los partidos políticos (1990), El problema americano en las primeras Cortes liberales españolas. 1810-1814 (1995), El valor de la Constitución (1994) e Introdución a la Constitución de 1978 (1998). É o responsable do capítulo relativo á Comunidade Autónoma de Galicia no Informe Comunidades Autónomas, elaborado dende 1989 polo Instituto de Derecho Público de Barcelona. Colabora nas revistas especializadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e periodista. É autor, entre outras obras, de Il picolo santo (O pequeno santo, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1308-1342), fillo de Carlos Martel de Nápoles. Soberano nominal de Hungría, foi recoñecido rei pola Dieta húngara en 1308 e coroado no 1310. Someteu a nobreza polas armas nas batallas de Rozgony en 1312 e de Debrecen en 1317; reorganizou o exército e a xurisdición, impulsou a industria mineira e o comercio, e concedeulles privilexios ás cidades. Casado con Isabel, irmá de Casimiro III de Polonia, aseguroulle ao seu fillo Luís a sucesión de Polonia e reivindicou a coroa de Nápoles fronte ao seu tío Roberto I. En 1333 chegou a un acordo de matrimonio do seu fillo Andrés con Xoana de Nápoles, neta e herdeira de Roberto I de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Ciencias Humanas. Deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (PP) dende a terceira lexislatura (1989-1993), foi asesor do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e secretario provincial de Alianza Popular (AP) e do PP en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e dramaturgo. Iniciou a súa carreira trala presentación do espectáculo Nuestro fin de semana (1964), realizado a partir dun texto da súa autoría. Influenciado por Anton Čekhov e por Arthur Miller, a súa obra encadrouse dentro da xeración realista, na que se inclúen Griselda Gambarro, Eduardo Paulovsky, Rodolfo Wash ou Carlos Gorostiza. O 21 de outubro de 1993, Teatro do Atlántico estreou o espectáculo Non se chora, baseado nun texto homónimo, con dirección de Xulio Lago e coa versión galega realizada por Dolores Vilavedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse na Accademia Brera de Milán. Participou das propostas do spatialismo e dende finais dos anos cincuenta realizou colaxes con diferentes materias de refugos, madeiras, xornais, etc. Das súas obras destacan Espirais (1953) e a serie Tótem. Participou na Biennale de Venezia (1948-1958), na Documenta de Kassel (1955) e na Bienal de São Paulo (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Literato e científico. Discípulo de Galileo e de Torricelli, foi secretario da Accademia della Crusca. Escribiu Discorso dell’obbligo di ben parlare la propia lingua (Discurso sobre a obriga de falar ben a propia lingua, 1657).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Pablo Picasso de Artes e Oficios da Coruña. Empregou diversas fórmulas e estilos artísticos, pero na súa obra predomina o realismo. Nas súas composicións reflectiu, entre outros temas, paisaxes urbanas, bodegóns e temas taurinos. Os seus debuxos a carbón, entre os que destacan Calle Tinajas (1998) e Convento de San Francisco (Betanzos), achéganse ao hiperrealismo. Realizou exposicións en Betanzos e na Coruña. Entre outras obras destacan O zume das estrelas (1998), galardoada cun accésit na Bienal Internacional Balconadas de Betanzos, Matador (1998), Serenidad (1999), Big Hat (2000),Virxe negra (2000) e Paseo e barandillas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Periodista e político italiano. Foi director de Il Regime Fascista, secretario xeral do Partito Nazionale Fascista (1925-1926), membro do Gran Consiglio del Fascismo (1935) e ministro de Estado (1938). Partidario de declarar a guerra ás democracias liberais, ao final da Segunda Guerra Mundial morreu executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta. Abandonou os estudios de arte para dedicarse á literatura e foi profesor en Yale e na Universidad de La Habana. Publicou Elegía como un himno (1950), Con las mismas manos 1949-1962 (1962), La poesía contemporánea en Cuba 1927-1953 (1954) e Sí, a la revolución (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse coa súa familia a Santiago de Compostela, onde comezou a súa formación con Ánxel Bar, Uxío Villar, Josep Maria Fenollera e Tito Vázquez. Contou coa protección de Manuel Otero Acevedo e comezou a traballar en Madrid no estudo de Fernando Alberti Barcelau. No eido do gravado formouse con Ricardo Baroja e no do debuxo no Círculo de Bellas Artes. En 1911 trasladouse a Ávila, onde traballou con Eduardo Chicharro. Entre 1912 e 1914 viaxou por Palestina, Exipto, Italia e Grecia. O comezo da Primeira Guerra Mundial sorprendeuno en Turquía e trasladouse a Venecia ata que Italia entrou na guerra. En 1919 participou na Bienal de Venecia e na Exposición do Petit Palais. Viaxou a Cuba e Nova York e en 1925 instalouse en Santiago de Compostela pero dous anos máis tarde trasladouse a Cádiz, onde foi catedrático de Anatomía Pitórica na Escuela de Artes y Oficios e foi nomeado membro da Real Academia de Bellas Artes (1928). En 1930 obtivo unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Tanto a súa obra gráfica como pictórica caracterizouse polo hiperrealismo fotográfico baseado na perfección técnica acadada polo dominio do debuxo e a captación da luz tratados cunha perspectiva moi persoal. Reflite temas tradicionais analizados desde un punto de vista contemporáneo. Das súas obras destacan as series In Memoriam, iniciada en 1990, CDIR (Caída del Imperio Romano, 1991-1996), DEAYM (De amor y muerte, 1993-1995), 2º Alfabeto (1995-1999), AT (1997-2001) e Babel (2000-2002), e realizou tamén fotografía dixital. Comezou a expoñer en 1967 e desde entón realizou numerosas mostras e participou en exposicións realistas. A súa obra está, entre outras coleccións, na Deputación e Concello da Coruña, no Museo da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na Calcografía Nacional, na BBC Scotland Art Collection e no Edinburgh City Art Center.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Destinado a Canarias co grao de capitán (1799), foi expulsado do exército e marchou a Francia, onde ingresou no exército napoleónico co que loitou en Alemaña. Destinado a España, desertou e reincorporouse ao exército español. Capitán xeneral de Catalunya (1811-1813), reorganizou o exército trala perda de Tarragona, e emprendeu expedicións no S de Francia. As diverxencias políticas provocaron a súa substitución e destinárono a Galicia (1813-1814). Trala restauración absolutista foi destituído e retirouse a Vinaròs. En 1817 dirixiu unha conxura para proclamar a Constitución en Barcelona que fracasou. Trasladado a Palma de Mallorca, morreu fusilado no castelo de Bellver.
VER O DETALLE DO TERMO