Carlos I Roberto de Hungría ou Caroberto

Carlos I Roberto de Hungría ou Caroberto

Rei de Hungría (1308-1342), fillo de Carlos Martel de Nápoles. Soberano nominal de Hungría, foi recoñecido rei pola Dieta húngara en 1308 e coroado no 1310. Someteu a nobreza polas armas nas batallas de Rozgony en 1312 e de Debrecen en 1317; reorganizou o exército e a xurisdición, impulsou a industria mineira e o comercio, e concedeulles privilexios ás cidades. Casado con Isabel, irmá de Casimiro III de Polonia, aseguroulle ao seu fillo Luís a sucesión de Polonia e reivindicou a coroa de Nápoles fronte ao seu tío Roberto I. En 1333 chegou a un acordo de matrimonio do seu fillo Andrés con Xoana de Nápoles, neta e herdeira de Roberto I de Nápoles.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Višegrad