"Robledo" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
GALICIA
Escritor. Desempeñou funcións xornalísticas, foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. Publicou en 1953 o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse, finalmente, en Barcelona onde deu ao prelo a maior parte da súa obra, entre as que destacan: Los Desgajados (1961), Tribunal de la muerte (1963), Por Europa en Auto Stop (1968), La borrachera de los olvidados (1971), Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta (1972), Eros Blanco (1976), El Caminante (1991). Co pseudónimo Paul Reader publicou: Exploraciones famosas (1961), Lacras Sociales (1967), Biografía de las pasiones (1967), entre outros. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. Coñecido como Perico Delgado, en 1982 debutou na categoría profesional. En 1985 gañou a Vuelta a España e acadou o sexto posto do Tour de Francia. Esta última proba converteuse no seu principal obxectivo: en 1987 clasificouse no segundo posto e en 1988 conseguiu o triunfo na clasificación xeral. En 1989 foi terceiro no Tour e gañou a Vuelta a España. A partir de 1991 converteuse en gregario de Miguel Indurain, a quen axudou na conquista das súas catro primeiras vitorias no Tour de Francia e nas dúas do Giro de Italia. Retirouse da práctica do ciclismo de competición en 1994 e dende entón dedicouse a labores de comentarista en radio e televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cernego (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 683 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello da Fonsagrada, que se repartiu entre as parroquias da Veiga de Logares e da Trapa.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na serra de Guadarrama (2.488 h [2001]). A súa economía baséase no turismo. Conta cunha estación de seguimento espacial e co Museo del Espacio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado nunha gran chaira regada polo Záncara (22.725 h [2001]). É un centro comercial con industria alimentaria e de cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO