Delgado Robledo, Pedro

Delgado Robledo, Pedro

Ciclista. Coñecido como Perico Delgado, en 1982 debutou na categoría profesional. En 1985 gañou a Vuelta a España e acadou o sexto posto do Tour de Francia. Esta última proba converteuse no seu principal obxectivo: en 1987 clasificouse no segundo posto e en 1988 conseguiu o triunfo na clasificación xeral. En 1989 foi terceiro no Tour e gañou a Vuelta a España. A partir de 1991 converteuse en gregario de Miguel Indurain, a quen axudou na conquista das súas catro primeiras vitorias no Tour de Francia e nas dúas do Giro de Italia. Retirouse da práctica do ciclismo de competición en 1994 e dende entón dedicouse a labores de comentarista en radio e televisión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Segovia