"Rodolfo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Descendente de pais galegos, foi membro na década dos cincuenta do grupo promotor da revista arxentina de vangarda, Poesía Buenos Aires. Ten publicado multitude de obras poéticas e ensaísticas en castelán. Entre os seus principais títulos destacan: Salud o nada (1954), Buenos vientos (1956), El músico en la máquina (1958), Duro mundo (1959), El jardín de aclimatación (1959), Gran Bebé (1960), Entre dientes (1963), Amores (1963), Hablar claro (1964, Premio Fondo Nacional das Artes), Palabras (1965), Relaciones (1968), Seis fuegos (1968), Hago el amor (1969), Guitarrón (1975), Señora Vida (1979), Cien poemas escogidos 1952-1977 (1980), Sol o sombra (1981), Poesía: lengua viva (1982, Mención Especial no Premio Nacional de Ensaio e Crítica Literaria), Alrededores (1983), Las hojas cantan con el viento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciouse en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Xuventude Republicana da Coruña, participou nas revoltas de carácter liberal e os republicanos de Santiago de Compostela elixírono en 1873 para a Asemblea Provincial. Destacou pola súa participación na prensa como colaborador no diario La Vanguardia de Madrid, no Boletín Federal da Coruña, en La República y España y América de Madrid, e en La España de Lisboa, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultivou a literatura desde moi novo e escribiu varias novelas, contos e poesías. Da súa produción destaca El cerezo, La espada, El chulo (Premio Nacional do SEU) e a novela curta de carácter autobiográfico   Una vida en seis meses (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar italiano. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou na fronte austríaca. Na campaña de Etiopia (1936) foi nomeado mariscal e vicerrei (1937). Ministro da Guerra durante a República Social Italiana, en 1945 foi xulgado e encarcerado ata 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de teatro. Dirixiu o cadro de declamación de Cantigas e Agarimos, co que realizou espectáculos como Antígona (1958), Os vellos non deben de namorarse (1961), A revolta (1964), A noite vai coma un río (1966) ou O fildalgo (1967). Tamén foi un dos promotores do Grupo de Teatro Rosalía de Castro e do Seminario de Teatro das Aulas da Terceira Idade, agrupacións coas que realizou diversas propostas na década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro das Cortes franquistas, en 1974 e 1975 foi gobernador civil de Barcelona, e, coa chegada da monarquía, foi sucesivamente ministro de Relacións Sindicais (1975-1976), de Gobernación (1976-1977), de Interior (1977-1979) e de Administración Territorial (1980-1981), e vicepresidente do goberno para Asuntos Políticos (1981-1982). Foi, en Unión do Centro Democrático (UCD), senador (1977) e deputado por León (1979 e 1982). En 1989 ingresou no Partido Popular e foi escollido deputado (1989-2000). Entre xaneiro e outubro de 2003 foi comisionado do goberno para as actuacións derivadas da catástrofe do buque Prestige. Presidiu a compañía eléctrica Endesa (1997-2002) e en 2003 foi nomeado conselleiro e membro da comisión executiva de Sogecable SA. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo italiano. Amosou un interese especial pola filosofía grega antiga, o período moderno (Descartes, Hobbes, Condillac) e polo marxismo, do que destacou os aspectos máis dinámicos. Escribiu, entre outras obras, Saggi per la storia della morale utilitaria (1903-1904), Il pensiero antico (1928), L’infinito nel pensiero dell’antichità clásica (1956), Il pensiero politico nel Risorgimento ialiano (1959) e Da Ardigò a Gramsci (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Destacou polas súas pinturas de mulleres, noivas e anxos femininos. Realizou exposicións en Europa, EE UU e México. En 1992 creou a Fundación Cultural Rodolfo Morales AC., en Oaxaca, adicada á realización de obras de carácter social. Da súa obra destaca Te sigo esperando, Pueblo solitario, Hablando de... e Marieta no seas coqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, actor e realizador cinematográfico arxentino. Coñecido como Fito Páez, en 1984 presentou o seu primeiro disco como solista, titulado Del ‘63. A partir de aí consagrouse como un dos compositores arxentinos máis importantes, que confirmou con Giros (1985), Ciudad de Pobres Corazones (1987), Tercer mundo (1990), El amor después del amor (1992) e Naturaleza sangre (2003). Ademais, dirixiu as longametraxes La balada de Donna Helena (1994) e Vidas privadas (2001), e participou como actor en Todo sobre mi madre (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Foi unha das figuras máis relevantes do galeguismo en Bos Aires. Cofundou a Asociación Protectora de la Real Academia Gallega en 1919. Creou a revista Acción Gallega (1920), da que foi director, e cofundou o xornal Correo de Galicia (1924). Presidiu a Organización Nacionalista Republicana Gallega (1936-1937) e o Centro Gallego de Bos Aires. Colaborou en diversas publicacións e publicou Encol da nosa Galiza: conferenza (1935). Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Anthony Quinn, representou cun gran temperamento caracteres duros e aventureiros impregnados dun certo primitivismo. Dos seus máis de 150 filmes cómpre destacar: Viva Zapata (1952), en que recibiu o Oscar ao mellor actor secundario; La strada (1954), Zorba, the Greek (1964), The Shoes of Fisherman (1968), Lion of the Desert (1981), Revenge (1990), Jungle of Fever (1991) e Oriundi (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico Hrodulf, logo latinizado en Rodulphus, composto de *hroth- ‘fama, sona, gloria’, e wulf ‘lobo’. Presenta o hipocorístico Dolfo. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo único do Emperador Francisco Xosé I de Austria e de Isabel de Baviera. Casou con Estevaíña de Bélxica (1881). Foi atopado xunto coa súa amante, a baronesa María Vetzera, morto a tiros no pavillón de caza de Mayerling.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raúl de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Arcebispo de Bourges (840), presidiu os concilios de Meaux (845) e Maguncia (848). Nicolao I concedeulle os títulos de primado e patriarca segundo unha carta apócrifa. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Suabia (1057-1080), fillo do conde de Rheinfelden. Obtivo o ducado de Suabia da Emperatriz Inés e casou con Matilde (1059), irmá do Emperador Enrique IV, con quen se enfrontou durante a Querela das Investiduras. Non recoñecido polo Papa Gregorio VII como emperador (1077), foi derrotado por Enrique IV en Turinxia (1078) e morreu en combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Alemaña e do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1291), duque de Austria, Carintia, Estiria e Carniola (1276-1282). Ao suceder ao seu pai, o conde Alberte IV, foi conde de Habsburgo e landgrave de Alta Alsacia (Rodolfo IV, 1239?-1291). A súa elección como rei puxo fin ao interregno (1250-1273). Enfrontouse ao Rei Otakar II de Bohemia, que polo Tratado de Viena (1276) viuse obrigado a cederlle Austria, Carintia, Estiria, Carniola e Istria, que repartiu entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano xermánico (1576-1612), arquiduque de Austria (1576-1608), rei de Hungría (1572-1608) e de Bohemia (1575-1611), fillo do Emperador Maximiliano II de Austria. Favoreceu a Contrarreforma, que defendeu coas armas. Viuse obrigado a darlle Austria, Moravia e Hungría ao seu irmán Matías (1608), e a cederlle Bohemia (1611), polo que abdicou e conservou só o título imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO