Martín Villa, Rodolfo
Político. Membro das Cortes franquistas, en 1974 e 1975 foi gobernador civil de Barcelona, e, coa chegada da monarquía, foi sucesivamente ministro de Relacións Sindicais (1975-1976), de Gobernación (1976-1977), de Interior (1977-1979) e de Administración Territorial (1980-1981), e vicepresidente do goberno para Asuntos Políticos (1981-1982). Foi, en Unión do Centro Democrático (UCD), senador (1977) e deputado por León (1979 e 1982). En 1989 ingresou no Partido Popular e foi escollido deputado (1989-2000). Entre xaneiro e outubro de 2003 foi comisionado do goberno para as actuacións derivadas da catástrofe do buque Prestige. Presidiu a compañía eléctrica Endesa (1997-2002) e en 2003 foi nomeado conselleiro e membro da comisión executiva de Sogecable SA. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia (2004).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa María del Páramo, León