"Romay" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
GALICIA
Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, colgando das súas garras dianteiras unha folla de figueira en cada unha. Outro trae, en campo de prata, un león rampante de goles; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Outro, escudo mantelado: 1, de prata, cunha cruz flordelisada de goles; 2, de prata, cun león de goles; 3, de goles, cun M de prata surmontado de coroa de ouro; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Formou parte da Junta Central de la Vacuna de Cuba onde aplicou por primeira vez a vacina da varíola (1804). Escribiu Disertación sobre la fiebre maligna llamada vulgarmente Vómito Negro, enfermedad epidémica de las Indias Occidentales, que constitúe unha das mellores monografías sobre febre amarela da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid, colaborou en diversas publicacións médicas e noutras publicacións. Escribiu Vivencias galaicas (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Foi garda mariña en Ferrol (1780) e interveu en numerosas batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendido a tenente de navío (1797), enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Loitou durante a Guerra da Independencia, ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu a Reino Unido e volveu a España tras o Pronunciamento de las Cabezas de San Juan, pero tivo que volver a exiliarse ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras e escultor. De estilo barroco, a súa primeira obra foi o retablo para a confraría do Rosario para a igrexa de San Domingos, que está perdido. En 1663 comezou a traballar con retablos para Mateo de Prado, para quen fixo os colaterais do de Santa María de Conxo (1664-1665) e outras obras. En 1669 fíxose cargo das obras do convento de Conxo onde rematou o claustro (1674) e a reforma da escaleira (1690). Finalizou a igrexa dos xesuítas (1670-1673). En 1673 realizou a coroación do cadeirado do coro baixo da igrexa de San Martiño Pinario, onde destaca o dinamismo, a plasticidade, os efectos de claroscuro e a abundante decoración barroca. En 1674 comezou a construción do convento das mercedarias cuxa igrexa se consagrou en 1689. Destaca tamén a capela do Rosario de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Ademais realizou varias reformas no colexio de Fonseca, onde se encargou de reedificar a capela, ampliar o claustro e construír o remate da fachada, e fixo diversas vivendas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de baloncesto. Xogou como pivote no Real Madrid e gañou sete campionatos de Liga, cinco Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha copa Korac e dúas Recopas. Integrante da Selección Nacional Absoluta en 174 ocasións (1979-1982), acadou as medallas de prata no Eurobasket (1983) de Francia e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). Retirouse en 1995. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998), concedida polo Consejo Superior de Deportes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa. Ingresou no convento das mercedarias de Santiago de Compostela e, por orde do seu confesor, Luís de Salcedo, escribiu a súa Autobiografía, que se conserva manuscrita, e numerosas cartas entre 1698 e 1701.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe galega. De estilo barroco, formouse con Domingos de Andrade e na etapa final da súa obra colaborou con Fernando de Casas e Simón Rodríguez. Na primeira época realizou, entre outros, os dous órganos da catedral de Santiago de Compostela. Tamén desta época é o retablo da Soidade (1708) na mesma catedral, os retablos maiores das igrexas de Santa Salomé (1712) e do Pilar (1720), en Santiago de Compostela, e os retablos principais da colexiata de Santa María de Iria Flavia (1714), do santuario da Virxe da Barca de Muxía (1717) e da capela do Santo Cristo na igrexa de Santa María das Areas en Fisterra (1721). En Iria Flavia realizou tamén un cadeirado de coro e dúas tribunas. Nestes retablos xa amosou un lixeiro movemento en planta e a interrupción do entaboamento na rúa central, onde abriu grandes vans para acoller a imaxe titular. Na súa etapa final centrouse na realización de retablos e substituíu a columna salomónica por unha máis avultada e polo estípite. Desta fase final...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De orixe galega, foi mestre de estudantes e lector de Artes no colexio de San Gregorio de Valladolid, catedrático de Teoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1716), prior do convento de Santiago en varias ocasións e vigairo provincial do Reino de Galicia (1726-1727).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. De orixe galega, foi colexial en San Gregorio de Valladolid e exerceu como prelado nos conventos de Villalpando, Astorga, Pontevedra, Lugo, Santiago, Ribadavia, Tui e A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO