"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Que é de difícil comprensión e que esixe un grande esforzo de intelixencia para chegar a comprendelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica de tipo xeral situada en Moscova, herdeira da Academia de Ciencias de Rusia fundada en San Petersburgo por Pedro o Grande (1725). En 1991 foi reestruturada e recuperou o seu nome primitivo, que entre 1925 e 1991 foi Academia de Ciencias da URSS. Estaba estruturada en seccións, que se correspondían coas catro grandes academias francesas do tempo da súa fundación. En 1991 tiña 332 membros numerarios, 570 correspondentes e 137 estranxeiros e editaba máis de 200 publicacións periódicas. O seu organigrama acolle 18 departamentos, que son: ciencias físicas, matemáticas e técnicas; química e ciencias biolóxicas; ciencias da terra; ciencias sociais; departamento siberiano de Novosibirsk; departamento de estudios do Extremo Oriente; departamento dos Urais e outras seccións e centros de investigación. Destes departamentos dependen máis de 400 institucións científicas. É a primeira institución de investigación científica de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Florencia (1582) coa finalidade de purificar a lingua italiana. No 1612 publicou un Vocabolario que, con varias reedicións e ampliacións, acadou sona internacional. Fusionada coa Accademia degli Apatisti no 1783, emancipouse dela no 1811, perdurando ata 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus de DNA de cadea dobre que producen afeccións, a miúdo asintomáticas, en mamíferos e aves, denominadas adenoviroses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos ailúridos ao que pertence o panda pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tamén chamado beato de Vercelli, foi Bispo de Bobbio e de Vercelli (1184), amais de Patriarca latino de Xerusalén (1204). Protexeu os carmelitas e morreu asasinado. A súa festividade celébrase o 5 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Duque de Prusia (1525-1568) e último Gran Mestre da Orde dos Cabaleiros Teutónicos (1511-1525). Converteuse ao protestantismo, secularizou Prusia e fíxoa un ducado herdeiro baixo a soberanía de Polonia (1525). No 1544 fundou a Universidade de Königsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1645-1676), de nome Aleksej Mikhajlovič Romanov. Fillo de Miguel I, primeiro Tsar da familia Romanov. Decretou o Código de Sobor (1649), que lle deu forma xurídica ao sistema de servidume e que satisfaceu os propietarios rurais. Promotor da guerra contra Polonia (1652-1667), Aleixo anexionou a Rusia Smolensk e toda a Ucraína oriental con Kiev. En Asia, o imperio chegou ata ao Pacífico, salientando o proceso colonizador de Siberia. Principiou unha política de reforma intelectual, dificultada durante os seus últimos anos, bastante axitados polo Cisma de Raskol e a revolta cosaca de Stenka Razin (1668-1671). O Reinado de Aleixo marcou o paso ao estado centralizado e absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos alepisáuridos ao que pertence o lanzón vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1801-1825). Participou no asasinato do seu pai, Paulo I e iniciou unha política constitucionalista e ilustrada (Consello de Ministros, reforma do ensino, etc). No 1805 entrou na terceira coalición contra Francia, pero os seus exércitos foron derrotados en Austerlitz (1805), Eylau e Friedland (1807); firmou a paz en Tilsit (xuño 1807) e en Erfurt (outubro 1808), comprometéndose a manter o bloqueo contra Gran Bretaña e a loitar contra Austria. Continuou a guerra contra Turquía, interveu en Persia (1808) e ocupou Finlandia (1809). Violou os acordos de Erfurt ante a ameaza do imperialismo francés. A campaña de Rusia, que parecía un grande éxito francés, acabou nunha desfeita. En 1813 o Tsar foi proclamado “campión” da Europa unida contra Napoleón: venceuno en Leipzig (1813) e entrou en París (1814). No Congreso de Viena opúxose a Metternich e propugnou unha especie de statu quo ante, que tivo éxito despois dos Cen Días de Waterloo (1815). A etapa pietista do seu goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1855-1881). Sucedeu a Nicolao I e puxo fin á Guerra de Crimea (1856). Tentou unha tímida liberalización que repercutiu nos feitos posteriores de Rusia. No 1861 liberou os servos e expropiou os nobres; a reforma realizouse utilizando institucións tradicionais como o mir. Realizou reformas na administración: creación de asembleas locais (zemstvo), reforma da xustiza, modificación do ensino e institución do servizo militar obrigatorio (1874). Coa insurrección de Polonia e o intento de rusificar o país, acabou o período de reformas. A nobreza polaca foi considerada responsable da insurrección e en Polonia as terras foron repartidas entre os campesiños. A política exterior de Gorcakov baseouse no paneslavismo. Dende 1859 os rusos atacaron o Cáucaso e conquistaron o Daguestán, para comezar as exploracións petroleiras de Bakú. No 1860 foi fundada Vladivostok e comezou a conquista do Turkestán. A causa do fracaso das reformas e da política paneslavista, desenvolveuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1162-1174). Fillo de Foulques de Anjou e sucesor do seu irmán Baldovino III. Para impedir que o gobernante turco de Siria, Nūr al-Dīn, se apoderase do Exipto fatimita, pactou co seu sogro, o Emperador de Bizancio, Manuel I de Comneno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei nominal de Xerusalén (1197-1205) e de Chipre (Amalrico I, 1194-1205). Herdou do seu irmán Guido I de Xerusalén o señorío de Chipre (1194). No 1197 foi nomeado Rei de Xerusalén polo seu casamento con Isabel I, viúva de Conrado de Montferrat. Axudado polos cruzados alemáns, tomou Beirut.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico teatral húngaro. Creou unha narrativa de gran sensibilidade psicolóxica, influída pola literatura francesa. Sobresae a novela Midás király (O Rei Midas). Como crítico teatral defendeu o “bo gusto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1730-1740). Filla de Iván V e muller (1710-1711) do duque de Curlandia, Federico Guillerme. Subiu ao trono ao morrer Pedro II. Deixou o poder nas mans do curlandés Ernesto J.R. de Biron e do partido xermanófilo, que fomentou a xermanización do estado. A política exterior, dirixida por Andrei I Osterman, centrouse na intervención en Suecia e Polonia (1733-1735) e na guerra contra Turquía (1736-1739) co gallo de obter unha saída ao Mediterráneo, tal e como se recolle no Tratado de Belgrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo editada nos anos oitenta do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nota ou grupo de notas débiles que preceden ao primeiro tempo forte dunha composición ou frase.

      1. Na métrica clásica, sílaba inicial dun verso considerada como que non forma parte do metro.

      2. Na métrica moderna, sílaba ou sílabas átonas que preceden ao primeiro acento dun verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo ucraíno. Está considerado un dos pioneiros da oceanografía. Estudiou as profundidades, correntes, temperatura e composición do Mar Negro, do Caspio e do Mármara. Pode ser considerado precursor da paleoecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal procedemento de síntese industrial do ácido cianhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO