"SEAT" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de mercaderes que monopolizou as relacións comerciais no N de Europa durante toda a Idade Media e parte da Idade Moderna. Ao longo dos ss XII e XIII, as guildas de comerciantes alemáns conseguiron consolidar o seu control sobre unha serie de cidades nas illas e ribeiras dos países bálticos e garantir así o seu monopolio comercial. En 1241 numerosas cidades xermánicas lideradas por Lübeck e Hamburgo asinaron un tratado polo que a primitiva asociación de mercaderes se transformou nunha confederación de setenta e seis cidades dotadas con privilexios marítimos e comerciais. O centro da alianza, establecido inicialmente en Visby, pasou a Lübeck, onde a partir de 1356 se celebraron as asembleas para elaborar os regulamentos xerais de comercio e navegación e as normas de carácter económico. Ademais, tamén se estableceron importantes factorías nas cidades de Bruxas, Nowgorod, Bergen e Londres. A federación aseguraba desta maneira a supremacía marítima e establecía un bloqueo económico...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hansa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa dedicada á fabricación de automóbiles de turismo promovida polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1949 e fundada en 1950 co nome de Sociedad Española de Automóviles de Turismo SA, coa participación de FIAT e seis bancos nacionais. En crise a partir de 1978, en 1980 o INI asumiu o control total e puxo en marcha un plan de salvamento. En 1982 asinouse un acordo de cooperación con Volkswagen e en 1986 vendeulle o 51% do capital a Volkswagen, que comezou en 1993 un drástico plan de reconversión e reestruturación industrial. En 1999 Volkswagen ampliou o seu capital ao 99,99% do total e a empresa pasou a denominarse SEAT, S.A. En 2002, dentro da nova organización do Grupo Volkswagen, integrouse no Grupo de Marcas de Audi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización do Tratado do Sueste Asiático
-
CIDADES
Cidade do estado de Washington, EE UU, situada entre o lago de Washington e a baía de Elliot (563.374 h [2000]). De creación moderna (1852), é, desde o punto de vista comercial e industrial, unha das primeiras cidades da costa do Pacífico. Ten refinarías de petróleo, construcións navais, aeronáuticas, industrias químicas, papeleiras e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO