Augusto/Augusta

Augusto/Augusta
[ONOM]

Antropónimo procedente do latín Augustus ‘sagrado, venerable, augusto’; derivado de *augus (augur). O nome ten a súa orixe no título augustus que o Senado de Roma, co fin de divinizar a institución imperial, outorgou no ano 27 a C a Caio Xulio César Octaviano como primeiro Emperador romano; dende aquela coñecido como Octavio Augusto. Todos os emperadores romanos levaron adxunto ao seu nome propio este título. No Cristianismo houbo tamén santos que levaron este nome: un mártir en Campania (Italia), un sacerdote en Bourges (Francia), etc. Na Fontefría, en terras de Verín, atópase a Igrexa de Santa Augusta, avogosa das enfermidades do fígado e, en xeral, de todo o que abrangue a medicina interna. A festa de santo Augusto celébrase o 7 de outubro e o 1 de setembro. Na tradición oral recóllense expresións como “Polo san Augusto ao labrego pásalle o susto”, que alude ao santo Augusto de outubro. Outra variante de Augusto é Agosto.

Palabras veciñas

Augusto II de Polonia | Augusto III de Polonia | Augusto IV de Polonia | Augusto/Augusta | aul* | aula | Aula