aula

aula

(

    1. s f

      Espacio que se utiliza para exercer a docencia nos centros de ensino (escolas, institutos, universidades, etc).

      Ex: No meu colexio as aulas dos maiores teñen os pupitres máis grandes.

      Sinónimos: clase.
    2. Aula Magna

      Sala destinada á celebración de leccións ou cerimonias solemnes nas que interveñen o corpo académico e os alumnos.

  1. s f [ANAT]

    Parte anterior do terceiro ventrículo do cerebro.

  2. s f [HIST/ARQUIT]

    Primitivamente, gran patio aberto arredor do que estaban as cortes das casas romanas. Na época imperial (a partir do 27 a C) a denominación ‘aula’ reservouse ao conxunto dos palacios imperiais e dos edificios cortesáns (áulicos).

  3. Aula Rexia [HIST/ADM]

    Consello asesor das monarquías visigoda e carolinxia, continuador da audientia principis do Baixo Imperio Romano, que actuou coma tribunal real nas monarquías dos pobos xermánicos en mans dos que quedaron as diversas provincias imperiais a partir do s V. Estaba integrado polos altos funcionarios, os palatinos, os gardingos e personaxes nomeados polo Rei. Foi un órgano asesor, o monarca non estaba obrigado a someterse ás súas decisións. Como institución, será o alicerce das audiencias medievais, que á súa vez darán lugar ás da Idade Moderna.

  4. aula virtual [INFORM]

    Lugar virtual creado en Internet no que por medio de iconas e símbolos se representan os elementos máis característicos dunha aula real; este á súa vez emprégase para dar clases a distancia de diversas materias.

Palabras veciñas

Augusto IV de Polonia | Augusto/Augusta | aul* | aula | Aula | Aula | Aula Aberta