"Safo" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia, iniciou a partir de 1933 unha intensa colaboración con Fernández de Villalta, que o levou a prospectar numerosos xacementos do Mioceno do Vallés-Penedés; froito deses traballos foi a revisión da estratigrafía empregada tradicionalmente e a introdución dos termos Vallesiano e Turoliano para referirse a dous pisos diferentes do Terciario. En 1952 publicou a súa tese de doutoramento, Los jiráfidos fósiles en España, que lle valeu o recoñecemento internacional, polo que entre 1952 e 1958 organizou os Cursillos Internacionales de Paleontología de Sabadell. Foi catedrático de Paleontoloxía nas universidades de Oviedo (1961) e Barcelona (1963-1972). En 1969 fundou o Instituto Provincial de Paleontología (despois Institut Paleontològic “M. Crusafont”), que dirixiu ata 1983. Paralelamente ás súas contribucións ao estudo dos mamíferos fósiles, dende 1948 realizou unha intensa tarefa de investigación e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desafogar ou desafogarse.

    2. Que dispón de suficiente espazo libre ou capacidade.

    3. Que carece de problemas económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a alguén máis leve ou soportable algo, especialmente un traballo, desasosego ou dor.

    2. Expresar bruscamente aquilo que oprime ou sufoca o ánimo ou o espírito dunha persoa.

    3. Aliviarse unha persoa daquilo que oprime ou sufoca o seu ánimo ou espírito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desafogar ou desafogarse.

    2. Cousa que serve para desafogar ou desafogarse.

    3. Calidade ou condición de desafogado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desaforar.

    2. Que actúa de forma impulsiva e sen contención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desaforar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Infrinxir ou suprimir os foros ou os privilexios que tiña alguén, algunha corporación ou algún territorio.

    2. Comportarse de forma impulsiva e sen a contención debida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto cometido contra un foro.

    2. Privación dun foro ou privilexio.

    3. Acción abusiva ou insolente contra a lei, a xustiza, a razón ou as persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten ou se caracteriza pola pouca ou mala sorte.

      2. Que está acompañado pola mala sorte.

    1. Que se caracteriza pola pouca conveniencia ou prudencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster fosfórico dunha hexosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra que está na porta dos muíños para pousar os sacos de gran.

    2. pousón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa grega. Residiu en Lesbos, agás un período de exilio en Sicilia, motivado polas loitas da aristocracia local. A súa produción perviviu en citas tardías e nalgúns manuscritos estudados modernamente. Ademais dos Epitalamios, escribiu poemas dedicados a rapazas, que describen a paixón amorosa e presentan o desexo como unha potencia irracional. No contexto da sociedade de Lesbos en que, fronte á sociedade masculina, coas súas preocupacións políticas e militares, as donas das clases altas se entregaban ao culto da beleza e á paixón amorosa, puido proclamar a supremacía da subxectividade, da beleza dun ser que ten alma, fronte ao esplendor externo das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da península do Barbanza, situada na ribeira meridional da ría de Muros e Noia, na parroquia de Baroña (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento con forma de tuba baixa, deseñado por J. P. Sousa, para ser tocado nas bandas. Ten forma helicoidal e consta de tres ou catro válvulas.

    VER O DETALLE DO TERMO