Safo
Safo
Poetisa grega. Residiu en Lesbos, agás un período de exilio en Sicilia, motivado polas loitas da aristocracia local. A súa produción perviviu en citas tardías e nalgúns manuscritos estudados modernamente. Ademais dos Epitalamios, escribiu poemas dedicados a rapazas, que describen a paixón amorosa e presentan o desexo como unha potencia irracional. No contexto da sociedade de Lesbos en que, fronte á sociedade masculina, coas súas preocupacións políticas e militares, as donas das clases altas se entregaban ao culto da beleza e á paixón amorosa, puido proclamar a supremacía da subxectividade, da beleza dun ser que ten alma, fronte ao esplendor externo das cousas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mitilene, Lesbos