"Salem" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
ESPA¥A
Concello das Illes Balears, no N da illa de Mallorca, na zona de contacto entre a chaira central e os contrafortes da serra da Tramuntana (4.885 h [1996]). Ten importantes extensións de cultivos de secaño (amendoeiras, cerais, viña e oliveiras), canteiras de calizas e industria vitivinícola. Foi fundada no ano 1300 por Xaime II de Mallorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Deccan, India, no estado de Tamil Nadū (578.291 h [1991]). Situada nas proximidades de xacementos de ferro e manganeso e non lonxe da presa de Mettur, desenvolveuse como centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, situada na área metropolitana de Boston (40.407 h [2000]). Foi fundada en 1626 e foi un porto moi activo que perdeu importancia en beneficio de Nova York. En 1692 foi escenario dunha persecución de bruxas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Oregon, EE UU (136.924 h [2000]). Situada na ribeira do Willamette, no centro do val homónimo, ten industria papeleira, téxtil e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU (185.776 h [2000]). É un centro comercial e cultural situado nos contrafortes das Blue Ridge.
VER O DETALLE DO TERMO