"San Luís" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exército comandado por Luís Antonio de Borbón, duque de Angulema, que penetrou en España en abril de 1823 para poñer fin ao réxime constitucional e restaurar a monarquía absoluta de Fernando VII, creado por decisión das potencias da Santa Alianza (liderada por Austria, Prusia, Rusia e Francia) no Congreso de Verona en 1822. Unha vez que entrou o exército francés en España uníuselle o exército de voluntarios realistas. O avance foi moi rápido e o 1 de outubro de 1823 Fernando VII pactaba a fin das hostilidades no Puerto de Santa María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Arxentina, situada na rexión Centro (76.748 km2; 367.933 h [2001]). A súa capital é San Luis (168.771 h [2001]). Ao N atópanse as cordilleiras de San Luis, Las Quijadas e Comechingones, mentres que a metade S forma parte da Pampa seca. O clima é semiárido. Destaca a gandaría bovina e ovina. A minaría é o principal recurso económico, posúe xacementos de tungsteno, uranio, ouro, xofre, cobre e chumbo.
-
CAPITAIS
Capital do estado de San Luis Potosí, México, situada no fértil val de San Luis, en pleno altiplano meridional (670.532 h [2000]). É un importante centro mineiro e agropecuario. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Francisco (s XVII), a catedral (s XVIII) e a capela do convento de Nuestra Señora de Aránzazu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do N de México (63.068 km2; 2.299.360 h [2000]). A súa capital é San Luis Potosí. Ocupa os altiplanos setentrional e meridional, lixeiramente inclinados cara ao L, onde se atopa a Sierra Madre Oriental. Os ríos son escasos e de pouca importancia, o máis caudaloso é o Pánuco. O clima é árido. Ten minas moi importantes de ouro, prata, cobre, chumbo e mercurio. Habitado por tribos chichimecas e huaxtecas, o territorio foi ocupado polos casteláns en 1519-1520. A colonización foi rápida, especialmente desde que en 1590 se descubriron unhas grandes minas de ouro e prata, que se esgotaron cara a mediados do s XVII, aínda que máis tarde foron descubertas novas vetas. En 1810 uniuse aos independentistas e en 1824 creouse o estado de San Luis Potosí.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Emigrou a Arxentina e colaborou no Eco de Galicia, para o que escribiu artigos co pseudónimo un mozo bergantiñán. Alí escribiu os monólogos Para que me namorei? (1897) e No quinteiro, a comedia O xastre aproveitado (1898) e as revistas folclórico-musicais A romaxe de san Campio e Unha noite no muíño, estreada en 1959 en Santiago de Compostela. De volta a esta cidade escribiu O fidalgo e Rosiña, estreada a primeira no Teatro Principal en xaneiro de 1918 e a segunda en febreiro de 1921. En poesía escribiu A volta do bergantiñán (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde real e militar francesa instituída por Luís XIV en 1693 para recompensar os méritos militares. Suprimida en 1792, restableceuse en 1814 e desapareceu definitivamente en 1830.