"Simón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 82.

  • Pedro Simón Abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciouse en Filosofía na Sorbona (1929) onde coñeceu a Jean-Paul Sartre, co que compartiu a vida influíndo notablemente no seu pensamento, e onde traballou como profesora. En 1943 iniciouse como escritora coa novela L´invitée (A invitada), onde enfocou a psicoloxía dos personaxes dun xeito renovador; posteriormente en Les mandarins (Os mandaríns, 1954), Premio Goncourt, reflectiu as loitas do intelectual francés ante a realidade da posguerra. Nos seus libros autobiográficos -Mémoires d´une jeune fille rangée (Memorias dunha rapaza formal, 1958), Une mort si douce (Unha morte tan doce, 1964)-, analizou os feitos da propia vida. Escribiu tamén ensaios sobre a filosofía existencialista, como Pyrrhus et Cinéas (Pirro e Cineas, 1944) e Pour une morale de l´ambiguïté (Para unha moral da ambigüidade, 1947), e de política e feminismo, Le deuxième sexe (O segundo sexo, 1949) e La vieillesse (A vellez, 1970). Con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica obxectiva de medición do rendemento intelectual que consiste nun conxunto de tests clasificados en grupos progresivamente máis difíciles de resolver e adaptados á capacidade normal dos individuos a diversas idades. Elaborada (1905) e revisada (1909) por A. Binet e T. Simon, expresaba os resultados exclusivamente en idade mental. W. L. Stern (1912) achegoulle o concepto de cociente intelectual e L. M. Terman (1917-1937) e R. Zazzo (1966) completárona. Foi o primeiro test do desenvolvemento da intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Bisneto de Pedro de Ponte Andrade (A Coruña 1617), alcalde ordinario de Caracas e alguacil maior da Inquisición. Completou a súa formación en Europa, viaxou por EE UU e regresou ao seu país en 1807. Ao ser proclamada a independencia de Venezuela (1810), foi enviado a Londres en misión diplomática. De regreso a Venezuela, comezou, xunto con Francisco de Miranda, a loita contra os realistas ata 1812, ano no que capitularon. Trasladouse a Cartagena (Colombia), onde tomou parte na loita deste país contra a metrópole e onde publicou o Manifiesto de Cartagena e a Memoria dirigida a los ciudadanos de Nueva Granada, onde expón as súas ideas políticas e a liña a seguir na loita pola independencia. As contendas internas provocaron un novo desprazamento de Bolívar, que solicitou asilo en Xamaica, e onde escribiu un plan estratéxico de loita, a Carta de Jamaica (1815). Tralo seu paso por Haití, onde procurou apoios, regresou ao continente e retomou a loita....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurante situado en Balea, concello de Cangas, fundado por Pepe Simón. Destacan as súas especialidades en mariscos e guisos de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ourive. Entre as obras que realizou en Italia destacan a decoración de Villa Castello e do Palacio Vecchio, e a tumba do cabaleiro Serguidi da catedral de Volterra. O cardeal Rodrigo Fernández de Castro encargoulle un crucifixo (1595) para o colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, conservado na capela do Cristo e caracterizado polo detallismo anatómico e o tratamento das pregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e agrónomo. En 1802, en colaboración con Mariano La Gasca, iniciou a publicación da Introdución a la criptogamia española, que deixou inacabada. Estudiou a botánica do Reino de Granada e en 1806 foi nomeado bibliotecario do Jardín Botánico de Madrid. Publicou, entre outros traballos científicos, Ensayo sobre las variedades de la vid común que vegetan en Andalucía, con un índice etimológico y tres listas de plantas donde se caracterizan varias especies nuevas (1807).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e compositor. Autor de vodevís e de libretos de óperas cómicas, foi director da Opéra-Comique de París. Da súa produción destaca Les amours de Bastien e Bastienne (1753), Les trois sultanes (1761) e Les moissonneurs (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado occitano. Estudiou en Toulouse e destacou polos seus traballos en matemáticas. Introduciu por primeira vez o infinito no cálculo, descubriu as propiedades de diversos números e está considerado como o creador da moderna teoría dos números. Con R. Descartes aplicou a alxébra á xeometría, e, con B. Pascal, fundou a teoría das probabilidades. Aplicou o concepto das variables infinitesimais aos problemas de cuadratura, de cálculo de máximos e mínimos, e á construción de tanxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Ferruci, foi discípulo de Desiderio da Settignano. Entre as súas obras destaca o monumento fúnebre de Barbara Manfredi en Forlì (1467-1480) e a tumba Tartagni na igrexa de San Domenico en Boloña (1477).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan La fascinación de lo real (1927), Vibración de estío (1928), Como pudieron ser. Galerías del Museo del Prado (1929), Misteriosa presenza (1936), Son nombres ignorados (1938), Concertar es amor (1951), Concierto en mi menor (1964), La trama inextricable (1968), Fuentes de la constancia (1972), La Meta-física (1974) e Homenajes e in promtus (1976). Nomeado doutor honoris causa pola Universitat d’Alacant (1985), foi presidente do consello de cultura da Generalitat Valenciana (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Italia e traballou en Saint-Gervais e Saint-Eustache de París. Foi autor do monumento do Pont--au-change (1467), dedicado a Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xudeu. Foi profesor no Hebrew Union College de Cincinnati, no Jewish Institute of Religion de Nova York e, desde 1949, na Universidade hebrea de Xerusalén. É autor de Modern Hebrew Literature: Trends and Values (1959), de poesías e de numerosas traducións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica francesa. Coñecida como Simone Signoret, as súas interpretacións caracterizábanse por unha forte intensidade dramática. Entre os seus filmes cómpre destacar Casque d’or (1952), Les diaboliques (1954), Les sorcières de Salem (1956), Room at the Top (1958, premio de Cannes e Oscar á mellor actriz), Ship of Fools (1964), Paris brûle-t-il? (1966), La vie devan soi (1976) ou Chère inconnue (1979). Escribiu a novela Adieu Volodia (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kharkiv 1901 - Cambridge, Massachusetts 1985) Economista ucraíno. Foi autor de Economic Growth of Nations: Total Output and Prodution Struture (1971) e Population Capital and Growth (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1971 pola súa interpretación do crecemento económico que permitiu desenvolver novos puntos de vista sobre a estrutura social e económica do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo, matemático e físico, marqués de Laplace. En astronomía destaca por unha teoría sobre a orixe do sistema solar, que se basea na teoría de Kant, e é coñecida como hipótese de Kant-Laplace. Investigou a traxectoria dos planetas e a estabilidade do sistema solar. Desenvolveu o cálculo de probabilidades e unha teoría da capilaridade e formulou dúas leis do electromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista retorrománico. Coñecido como Simon Lemnius, en 1538 suscitou as iras de Lutero con dous libros de epigramas. Publicou o drama Monachopornomachia, obras líricas e o poema épico Raeteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simon Lemm-Margadan.

    VER O DETALLE DO TERMO