Álvarez Pérez, Antonio Francisco Simón
Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas propostas, desde A fiestra valdeira (espectáculo do Centro Dramático Galego estreado en 1994) ata montaxes como Liberdade Brenana (1988), Historia de Neera (1989), Non se chora (1993) e Casa de bonecas (1995), realizados por Teatro do Atlántico. Como escenógrafo cómpre salientar, amais de aqueles espectáculos nos que interveu como director, propostas como Almas perdidas (1987), Historia de Neera (1990), polo que recibiu o Premio Compostela de Escenografía, ou Valle Inclán 98 (1998), producidos polo Centro Dramático Galego e A noite das tríbades, estreado por Teatro do Atlántico en 1996.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña