"Sinop" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • FILOSOFOS

    Filósofo cínico grego. Foi desterrado da súa cidade e estivo en Esparta, Corinto e Atenas. Discípulo de Antístenes, puxo en práctica, dun xeito radical, as teorías do seu mestre e adoptou un xeito de vida austero. Levou ao extremo a liberdade de expresión e dedicouse a criticar e denunciar os elementos que limitaban o individuo, en particular as institucións, e enfrontouse constantemente ás normas sociais. Considerábase cidadán do mundo e a súa carencia de ambicións materiais creaba unha separación radical cos outros filósofos e cos políticos. Recomendaba o adestramento para endurecerse e chegar á impasibilidade e á autosuficiencia. Considerado o máximo expoñente da escola cínica, escribiu, entre outras obras, Republica, Arte moral, Da morte, Da virtude e Do bo, que se perderon. Algúns indicios permiten supoñer que eran de carácter breve, en forma de máximas ou sentencias agudas e irónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deficiencia anormal de leucocitos eosinófilos no sangue periférico, que se produce cando a súa concentración é inferior a 35 por mm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, en Costa do Mar Negro, Turquía (28.257 h [1997]). Nos ss VIII e VII a C foi colonia de Mileto e en 183-170 a C capital do Reino de Ponto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía situado na rexión de Costa do Mar Negro (5.657 km2; 221.236 h [1997]). A súa capital é Sinop.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Xúpiter descuberto en 1914 polo astrónomo estadounidense S. B. Nicholson. É o satélite máis externo de Xúpiter, cun diámetro de 36 km, un raio orbital duns 23,7 millóns de kms e un movemento orbital retrógrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xiz de cor vermella empregado no debuxo preparatorio dun fresco, que permanece adherido á parede unha vez rematado. As primeiras foron atopadas baixo os frescos dos pintores florentinos do s XV, que usaban para os debuxos preparatorios ocres que viñan de Sinop (Turquía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cor verde que se representa con liñas diagonais que van do cantón destro do xefe ao sinistro da punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición sintética e esquemática das liñas esenciais dun tema ou asunto para que os datos poidan ser facilmente atopados ou confrontados.

    2. Asociación de fenómenos visuais con sensacións percibidas por outros sentidos.

    3. Publicación do texto dos Evanxeos (os Sinópticos) en columnas paralelas para facer resaltar as súas semellanzas ou paralelismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sinopteridáceas.

    2. Fento da familia das sinopteridáceas.

    3. Familia de fentos, da división dos pteridófitos, á que pertencen os xéneros Cheilanthes e Notholaena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sinopse.

    2. Que está exposto ou presentado con forma ou características de sinopse.

    3. Cuestión presentada pola moderna crítica histórica (G. E. Lessing presentou por primeira vez en 1778 a hipótese dun Evanxeo primitivo) para dar unha explicación ás coincidencias e diverxencias entre os Sinópticos. Recibiu respostas diversas, ben procurando o primeiro Evanxeo nunha forma arcaica de Mateo (posiblemente en arameo), facendo de Marcos a fonte principal de Mateo e Lucas, ou ben buscando os contactos literarios destes tres Evanxeos nas mesmas fontes ou nos documentos que precederon a súa redacción final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son designados os Evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas, que ao estar postos en columnas paralelas presentan un notable paralelismo, que permite unha visión conxunta das súas mutuas concordancias. Coinciden na presentación xeral da vida de Xesús e na orde interna de diversas seccións, e difiren en varios fragmentos que só se atopan en dous ou nun só deles. Estas concordancias e discordancias constituíron a base da cuestión sinóptica.

    VER O DETALLE DO TERMO