Dióxenes de Sínope

Dióxenes de Sínope

Filósofo cínico grego. Foi desterrado da súa cidade e estivo en Esparta, Corinto e Atenas. Discípulo de Antístenes, puxo en práctica, dun xeito radical, as teorías do seu mestre e adoptou un xeito de vida austero. Levou ao extremo a liberdade de expresión e dedicouse a criticar e denunciar os elementos que limitaban o individuo, en particular as institucións, e enfrontouse constantemente ás normas sociais. Considerábase cidadán do mundo e a súa carencia de ambicións materiais creaba unha separación radical cos outros filósofos e cos políticos. Recomendaba o adestramento para endurecerse e chegar á impasibilidade e á autosuficiencia. Considerado o máximo expoñente da escola cínica, escribiu, entre outras obras, Republica, Arte moral, Da morte, Da virtude e Do bo, que se perderon. Algúns indicios permiten supoñer que eran de carácter breve, en forma de máximas ou sentencias agudas e irónicas.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Corinto

  • Nacemento

    Lugar : Sínope