"Sisto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debilitamento intenso ou cese do poder contráctil do corazón.
-
-
Termo impropiamente aplicado á diminución importante da calidade das contraccións cardíacas que dá lugar a un estado de insuficiencia circulatoria permanente.
-
Hiposistolia grave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á asistolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
biocircuíto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un consistorio.
-
-
Consello e tribunal privado dos emperadores romanos, coñecido tamén como consistorium ou consilium principis. Reuníase para asesorar o gobernante en materia lexislativa e administrativa. No goberno do Emperador Adriano sufriu algunhas modificacións, recibiu atribucións xudiciais e fixouse unha organización estable. O Emperador Diocleciano cambiou a súa organización, presidida dende aquela polo vicarius a consiliis sacris e composto polo cuestor do palacio, o xefe do servicio, os ministros de finanzas e os comites. Despois desta reorganización recibiu o nome de sacrum consilium.
-
Consello solemne de cardeais e outros dignatarios pontificios presididos polo papa. A medida que as congregacións de cardeais se ían transformando nas actuais congregacións da curia, converteuse nunha cerimonia formularia na que se proclamaba o nomeamento de bispos, arcebispos e cardeais, e se decidía oficialmente as canonizacións.
-
-
Conxunto dos edís dun concello. Tamén se denomina corporación municipal.
-
Edificio público onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos. Tamén se denomina casa do concello.
-
-
-
GALICIA
Militar e escritor. Estudiou humanidades no seminario diocesano da súa vila natal e fixo carreira militar na que acadou o grao de capitán do VIIº Rexemento de Navarra na Terceira Guerra Carlista. En 1872 sufriu cadea no castelo de Santo Antón da Coruña e, posteriormente, exiliouse a Francia e Cuba, onde formou parte do consello de redacción da revista Follas Novas, na que inseriu colaboracións en castelán centradas en temas sociais e políticos e en figuras sobranceiras da historia de Galicia. Nesa mesma publicación deu a coñecer a novela A Besta! asinada co pseudónimo Xan de Masma. A obra publicouse por entregas entre o 29 de xaneiro e o 24 de decembro de 1899, a primeira parte, e entre o 7 de xaneiro de 1900 e o 30 de decembro dese mesmo ano, a segunda. Consta de catro partes: dúas pseudoensaísticas, o prólogo e o epílogo, nas que teoriza sobre o naturalismo incorporando postulados de Émile Zola e seus propios sobre o tema; e dúas propiamente narrativas, a primeira composta por catorce...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción prematura do corazón que se debe á acción dalgún factor sobre o sistema cardíaco de condución que inicia prematuramente un impulso. Pode ocorrer en presenza ou ausencia dunha enfermidade orgánica do corazón. Se se orixina na aurícula denomínase extrasístole auricular, se o fai no ventrículo, extrasístole ventricular, e se se orixina no nódulo aurículo-ventricular, extrasístole nodal. É o tipo de arritmia cardíaca máis frecuente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transistor previsto para que se accione por luz. É similar a un transistor bipolar, no que a polarización da función base-emisor se pode modificar mediante un feixe de fotóns; estes, ao incidir na rexión da base, xeran parellas electrón-buraco, que producen un aumento da polarización emisor-base; por efecto transistor, obtense un considerable aumento da corrente de colector.
-
PERSOEIRO
Pintor e vidreiro. De orixe flamenga, documéntase en Galicia entre 1523 e 1533. En Santiago traballou na capela e na sancristía do Hospital Real (1525-1532) na realización de vidreiras. Con Tristán de Taboada realizou o retablo da capela da Santa Cruz na catedral compostelá, onde se lle atribúe A lamentación sobre Cristo morto, pintura mural situada no sepulcro do arcebispo Alonso Sánchez Moscoso na capela do Santo Espírito. Traballou tamén en San Martiño Pinario e no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A súa pintura encádrase no estilo hispanoflamengo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pausa ou intervalo anterior á sístole.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Momento que precede inmediatamente á sístole ventricular, isto é, o primeiro ton do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á presístole.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Sextus ‘sexto’, derivado de sex ‘seis’, nome que se lle daba ao fillo nacido en sexto lugar. Como topónimo ten que ver cos repartos medievais de terras entre os suevos que parcelaban en 1/6 as propiedades de cada aldea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Roma 125) Papa (115-125). Coñeceuse a súa existencia a través da lista de papas de santo Ireneo de Lyon, segundo a que foi o sexto sucesor de Pedro. A súa festividade celébrase o 6 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Grecia? - Roma 6.8.258) Papa (257-258). Restableceu as relacións coa Igrexa de África e de Asia Menor, que foran quebradas baixo Estevo I, a raíz da controversia sobre a validez do Bautismo dos herexes e a readmisión dos lapsi. Morreu vítima do segundo edicto de Valeriano (258). A súa festividade celébrase o 5 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma? - 440) Papa (432-440). Sacerdote romano, tivo fama de favorecer a Pelaxio, pero unha vez nomeado Papa, mantívose neutral nos asuntos do pelaxianismo e o semipelaxianismo e mostrouse conciliador cos nestorianos. A súa festividade celébrase o 28 de marzo.
-
PERSOEIRO
Papa (1471-1484). De nome Francesco della Rovere o seu pontificado, caracterizado polo nepotismo, enfrontouno a Florencia (1478), Nápoles (1482) e Venecia (1483). Outorgoulles a Inquisición aos Reis Católicos para todos os reinos peninsulares (1478). Introduciu a festa da Inmaculada Concepción (1476) e encargou a construción da Capela Sistina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1585-1590). De nome Felice Peretti, foi inquisidor en Venecia (1557), bispo de Sant’Agata dei Goti (1566) e de Fermo (1571-1577). Aplicou a reforma tridentina que reestruturaba a curia romana (1588) e fixou en setenta os membros do colexio cardinalicio. Preocupouse polos problemas urbanos de Roma; de feito, un dos acuedutos que fornecen de auga a cidade leva o seu nome (Acqua Felice).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou nas igrexas de Santa María de Dozón e San Xoán do Sisto, así como en Santa María de Augas Santas e Santa María de Cobelas. Destaca a representación do Lavatorio en San Xoán do Sisto.
VER O DETALLE DO TERMO