Frisia, Sisto de

Frisia, Sisto de

Pintor e vidreiro. De orixe flamenga, documéntase en Galicia entre 1523 e 1533. En Santiago traballou na capela e na sancristía do Hospital Real (1525-1532) na realización de vidreiras. Con Tristán de Taboada realizou o retablo da capela da Santa Cruz na catedral compostelá, onde se lle atribúe A lamentación sobre Cristo morto, pintura mural situada no sepulcro do arcebispo Alonso Sánchez Moscoso na capela do Santo Espírito. Traballou tamén en San Martiño Pinario e no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A súa pintura encádrase no estilo hispanoflamengo.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela