"Sumer" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo país de Oriente Medio, situado ao S de Mesopotamia. Tivo un gran papel cultural, que influíu decisivamente na vida artística, científica, relixiosa e escritural de Babilonia e Asiria. A célula política básica foi a cidade estado, cun territorio máis ou menos amplo, que exercía nun determinado momento a hexemonía sobre algunhas cidades. As cidades sumerias máis importantes foron Ur, Eridu, Larsa, Uruk, Lagaš, Isin e Nippur. No período protohistórico (3100?-2700 a C) produciuse unha serie de avances moi importantes en Sumeria, obra de dúas culturas: Uruk IV, na que apareceron por primeira vez a arquitectura monumental e, sobre todo, a escritura; e Djemdet Nasr, que constitúe unha fase de consolidación e expansión dos achados de Uruk IV. No período sumerio antigo (2700-2347 a C) Sumer chegou á fase histórica. Case non hai noticias entre 2700 e 2575 a C, agás que Enmebaragisi de Kiš foi sucedido por Agga, quen foi derrotado por Gilgameš de Uruk. A partir de 2575 a C...
-
-
Relativo ou pertencente a Sumer, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Sumer.
-
Antiga lingua de Sumer, documentada desde 3000 a C aproximadamente ata 100 a C, que non foi posible clasificar dentro de ningún grupo lingüístico. Como lingua falada, deixou seguramente de estar en uso por 2000 a C. Lingua aglutinante, emprega sufixos no caso do nome, e prefixos, infixos e, en menor grao, sufixos no caso do verbo. Atopáronse cinco variantes dialectais literarias (entre elas o emme-sal, empregada unicamente cando son seres femininos os que falan nos textos literarios) e tres técnicas (como o emme-uaula ou fala dos pastores). Cronoloxicamente distínguense sete períodos -arcaico (3100-2700 a C?), sumerio antigo (2700-2350 a C?), sargónida e guti (2350-2140 a C?), neosumerio (2140-2006 a C?), babilónico antigo inicial (2006-1850 a C?), babilónico antigo recente (1850-1595 a C?) e posbabilónico antigo (1595-100 a C?)-.
-
arte mesopotámica.
-
Antiga escritura empregada en Sumer desde 3100 a C aproximadamente ata 100 a C. Consta de ideogramas que poden expresar unha idea ou máis, signos silábicos, que non son máis que ideogramas, pero utilizados en función do valor fonético e non do ideográfico, signos unilíteros, empregados unicamente como vogais, determinantes, que serven para aclarar a categoría á que pertence unha palabra e complementos fonéticos ou determinantes de son, que se empregan para precisar a lectura da palabra que complementan.
-
relixión mesopotámica.
-
-
-
Meter algo ou alguén na auga ata quedar totalmente cuberto por ela.
-
Meterse na auga ata quedar totalmente cuberto por ela.
-