"Toledo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 38.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toledo.
-
PERSOEIRO
Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia da nobreza castelá. Descende de Illán Pérez, Alguacil Maior de Toledo (1139). Pertenceulle o condado de Oropesa, e os duques de Alba incorporaron o condado de Lerín, os marquesados de Villanueva del Río, El Carpio e Eliche, o ducado de Montoro e o condado-ducado de Olivares, entre outros. Unha rama recibiu os marquesados de Villafranca del Bierzo e de Villanueva de Valdueza, o ducado de Fernandina, o principado de Montalbán e o marquesado de Tavara, o condado de Villada e os ducados do Infantado e Lerma. En 1685 emparentaron cos Montcada de Sicilia e os Fajardo de Murcia, e incorporaron os ducados de Medina Sidonia, Bivona, Montalto, o principado de Paternó, os marquesados de Los Vélez, Martorell e Molina, o ducado de Zaragoza e o condado de Erill.
-
PERSOEIRO
Décimo terceiro duque do Infantado, de Lerma, de Pastrana e de Francavilla, marqués de Tavara. Organizou un rexemento contra os franceses en Catalunya e na Guerra dos Taronhes (1800). Privado de Fernando VII, formou parte das xuntas da Terceira Rexencia (1812) e da Xunta Provisional de 1823. No 1824 foi Presidente do Goberno e Ministro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nápoles (1532-1553). Fillo do segundo duque de Alba e de Isabel de Zúñiga. Marqués de Villafranca del Bierzo polo seu matrimonio con María Pimentel-Osorio e paxe de Fernando II de Aragón. No 1512 participou na conquista de Navarra e posteriormente nas campañas de Flandres, Alemaña e Italia. En Nápoles implantou a Inquisición e realizou melloras urbanísticas, reduciu o poder da nobreza e combateu o bandoleirismo. No 1540 decretou a expulsión dos xudeus do Reino de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.
-
PERSOEIRO
Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, bibliotecario, secretario de Filipe V e un dos fundadores da Real Academia Española. A súa obra poética consta de composicións satírico-burlescas, de entre as que destaca a parodia épica La Burromaquia, e de poemas filosóficos e relixiosos, influídos por Quevedo. Escribiu tamén a Historia de la Iglesia y del mundo (1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Navarra e gobernador de Galicia. Primeiro conde e marqués de Caracena e primeiro conde de Pinto. Formou parte do Consello de Estado e foi lugartenente de València (1605-1615). Como consecuencia do decreto do 22 de setembro de 1609, tivo lugar a expulsión dos moriscos de València, e el mesmo se ocupou de dirixir as operacións de embarque.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nacional de Madrid (10069) e anteriormente na Biblioteca Capitular de Toledo (de onde tomou o seu nome), que contén parte das Cantigas de Santa María. Está conformado por 160 follas de pergamiño de vitela, cun formato de 315 mm de alto por 217 de ancho, e cortesías e gardas en pergamiño e papel. Copiado con elegante letra gótica francesa a dúas columnas e letras iniciais decoradas con filigranas alternando as cores encarnada e azul, non ten miniaturas pero si notación musical no refrán que abre cada cantiga. Contén as 100 cantigas do proxecto orixinal seguidas das cinco cantigas das festas da Virxe e as cinco de seu Fillo. Ao final, engadíronselle 16 composicións en apéndice. A primeira composición é a coñecida como Intitulatio (ou Prólogo A), cantiga sen música que presenta o autor do proxecto adornado de todos os seus títulos; dá noticia dun proxecto acabado (“fez cen cantares e sões”) e identifica a destinataria do mesmo (“fez a...
-
PERSOEIRO
Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo (754?-800). Educouse na escola monástica e ingresou na vida monacal ao redor do 737. Destacou no estudo da filosofía grecolatina e, como arcebispo de Toledo, defendeu unha tese sobre Cristo vinculada ao adopcionismo, ao tempo que defendeu a Igrexa visigoda das intromisións francas. Contou co apoio de Félix, bispo de Urgell, pero os relixiosos asturianos aproveitaron para abandonar a influencia de Toledo e achegarse aos francos. Sufriu os ataques do Beato de Liébana e as súas ideas foron condenadas como heréticas polo Papa Adrián I nos concilios de Ratisbona (792) e Frankfurt (794).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e diplomático, fillo de Diego Enríquez, conde de Alba de Liste. Conde de Fuentes de Val de Opero e grande de España, foi nomeado embaixador en Turín en 1586; foi xeneral de cabalería en Milán antes de ser capitán xeneral do exército de Portugal (1588). Destinado a Flandres en 1592, Filipe II nomeouno gobernador xeral dos Países Baixos en 1595. En 1596 foi nomeado capitán xeneral dos exércitos españois. Entre 1600 e 1610 gobernou o Milanesado. Foi membro dos consellos de estado e de guerra de Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de Tradutores de Toledo.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo. Discípulo de santo Isidoro, sucedeu o seu tío santo Uxío na sé episcopal de Toledo (657), por orde de Recesvinto, rei dos godos. É un dos santos antigos no culto hispánico (s VIII) e distinguiuse polo seu ardor na devoción da Virxe. Escribiu, entre outras obras, De viris ilustribus e De cognitione baptismi. Na iconografía viste a capa ou o palio dos arcebispos, con mitra e báculo e leva como atributos unha pequena escultura da Virxe cun veo na man; a representación máis repetida é a da Virxe dándolle a casula. A súa festividade celébrase o 23 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO