Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza, García

Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza, García

Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Madrid