Alonso Díaz Toledo, Juan Ramón

Alonso Díaz Toledo, Juan Ramón

Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994). Dentro das súas publicacións destacan El laúd y el reno azul (1983), El cuento de las Montañas Azules (1988), El verano francés (1996), El rincón de las lilas (1991) e La boina asesina del contador de cuentos (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid