"Tolox" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • Rama da paleontoloxía que estudia certos fósiles comparándoos con organismos vivos semellantes, observables na actualidade, dos que se analiza a influencia sobre o contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina do ben.

    2. Parte da ética que estudia o ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da cirurxía que trata as fracturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estudia as gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anatomía patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación de textos de varios autores ou de varias obras dun mesmo autor feita en atención a criterios cronolóxicos, temáticos, formais ou didácticos. A súa orixe remóntase ás escollas de epigramas iniciadas na Grecia Antiga por Meleagro de Gándara (s II a C), actualmente perdidas, que foron recuperadas en gran parte na Anthologia inedita codicis palatini do poeta bizantino Constantino Céfalas (s X). Durante a Idade Media e o Renacemento adoptou a forma de cancioneiro, romanceiro, coroa poética, etc. A expansión da industria editorial do s XIX produciu unha proliferación de antoloxías que continuou no s XX. Teñen unha intencionalidade informativa como mostra da produción dunha época ou tendencia determinadas, contribúen á fixación do canon e, nalgúns casos, á conservación do patrimonio literario, como ocorreu cos Cancioneiros da lírica galego-portuguesa. Considérase que as primeiras antoloxías da literatura galega foron o Álbum del Miño (1858), unha colección...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio dunha antoloxía ou digno de formar parte dela.

    2. Que é excelente ou digno de ser destacado. OBS: Ás veces utilízase tamén con sentido irónico.

    3. Exposición, xeralmente de homenaxe, dunha recompilación de obras dun mesmo artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que realiza antoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia os cargos e as dignidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición inmotivada e molesta dun ou máis sons, como se dá, por exemplo, nos tatexos.

    2. Repetición innecesaria e molesta dunha mesma cousa, se non coas mesmas palabras, frases ou ideas, si con outras equivalentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da influencia do clima sobre a distribución e abundancia dos seres vivos, que avalía a intensidade e calidade da radiación, o fotoperíodo, os umbrais térmicos, a resistencia ás xeadas, a humidade atmosférica, a resistencia á desecación, o transporte e espallamento das diásporas, etc. O estudo dos procesos naturais que integran o efecto de varios elementos climáticos sobre os organismos é outro aspecto crucial da bioclimatoloxía. Así, os estudios sobre balances térmicos presentan aspectos aplicados de grande interese para a actividade humana. Os balances hídricos, entre a auga recibida por precipitación e a perda por evapotranspiración, son esenciais para estimar a disponibilidade hídrica e a resistencia á secura dos ecosistemas naturais, as necesidades de rego dos cultivos, os réximes hidrolóxicos, etc. Os balances de erosión, hídrica e eólica, son ferramentas básicas para a conservación dos ecosistemas. Os balances orgánicos, sobre todo os da produción primaria, son un dos aspectos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia todo o relativo aos alimentos. Trátase dunha disciplina químico-biolóxica, con vertentes tecnolóxicas e sanitarias, aplicada aos alimentos e aos seus ingredientes, que utiliza moitas ciencias fundamentais (bioloxía, bioquímica, física, microbioloxía, química) e participa na problemática da tecnoloxía aplicada (bioenxeñería, enxeñería química, técnica de envasado, etc). Ocúpase do estudo da composición e as propiedades dos alimentos e os seus ingredientes; dos procesos de fabricación e almacenaxe de alimentos; de colaborar coa nutrición no coñecemento da relación das propiedades dos alimentos co seu papel no organismo; de promover normas e disposicións lexislativas que permitan garantir o correcto estado sanitario e a calidade dos alimentos, reprimir os fraudes e contribuír a unha información axeitada ao consumidor en cuestións alimentarias; e dos aspectos económicos e antropolóxicos da produción e o consumo de alimentos. A preocupación do ser humano pola calidade dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á bromatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da meteoroloxía que estudia as tempestades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da bioloxía que estudia a estrutura e función da célula. O desenvolvemento da citoloxía estivo intimamente ligado ao proceso da teoría celular e aos avances técnicos dos medios de observación, como o microscopio. En 1625 F. Cesi e F. Stelluti publicaron Apiarium, primeira obra coñecida de obxectos examinados co microscopio. Posteriormente, en 1665, R. Hooke editou a súa Micrographia, obra na que aparece a primeira descrición das células vexetais. Segundo Hooke, a cortiza e outros tecidos vexetais estaban feitos de buracos pequenos, que denominou celas pola súa semellanza coas dun panal de abellas. A célula recibiu distintos nomes, ata que, dende comezos do s XIX, se popularizou o nome actual. En 1757 A. von Haller describiu por vez primeira a fibra, e desta idea naceu a dos tecidos, que estudiaría Bichat maxistralmente. Moldenhawer, coa maceración de órganos vexetais, illou as células en 1812 e demostrou que cada unha ten parede propia e...

      1. Estudio das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido, dun fluído, etc, que se realiza con finalidade diagnóstica.

      2. citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal

        Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina que, despois dunha tinguidura especial, se observa polo microscopio. Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á citoloxía ou á célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos. A climatoloxía e a meteoroloxía son dúas disciplinas distintas, aínda que estreitamente vinculadas e inseparables. Nunha primeira aproximación aparecen trazos diferenciadores: os cultivadores da meteoroloxía son físicos e os da climatoloxía, xeógrafos. Existen, así mesmo, diferencias de obxecto, perspectiva e finalidade. O obxecto do meteorólogo é o tempo, mentres que o do xeógrafo é o clima. O meteorólogo acostuma traballar con datos ao día; en cambio, o climatólogo debe manexar series amplas de datos pasados o máis longas posibles. Hai tamén un evidente contraste de perspectiva: a do meteorólogo é prospectiva, posto que pretende a predición do tempo cara a un futuro próximo; en cambio, a visión do climatólogo é retrospectiva, ten que...

    2. Estudio do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo para coñecer as condicións medias que lles son máis favorables ou desfavorables de cara a completar o seu ciclo vexetativo.

    3. Estudio do clima mediante a análise da sucesión e a frecuencia dos diferentes tipos de tempo, a causa que as orixina, a súa evolución e as súas relacións coa dinámica xeral atmosférica.

    4. Estudio do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano. Analiza as propiedades saudables ou prexudiciais dos diferentes elementos climáticos para podelos empregar con finalidades terapéuticas e tamén para determinar as condicións climáticas máis favorables á actividade do home.

    5. Estudio do conxunto dos elementos climáticos que afectan a unha área extensa nun momento determinado. Indica cada un dos elementos sinalados sobre as cartas sinópticas e precisa os lugares que rexistran os mesmos valores mediante as isoliñas (isóbaras, isotermas, etc), e tamén a presenza doutros meteoros (neve, brétema).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á climatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.

    VER O DETALLE DO TERMO