"Tone" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 79.

  • PERSOEIRO

    Escultor finlandés. De estilo realista, sacrificou pronto o coidado do detalle a prol do efecto de conxunto. Cultivou o cubismo durante certo tempo. Destaca como autor de baixorrelevos e esculturas monumentais como Sibelius e Nurmi, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento marcado de acetona e de corpos cetónicos no sangue, onde normalmente se atopan en cantidades moi pequenas, producidos pola combustión alterada das substancias graxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Autor da cúpula múltipla de San Gaudenzio, en Novara (1841-1881) e da Mole Antonelliana de Turín (1863 -1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal secretario de estado dende 1848 ata a súa morte. Foi presidente da Consulta do Estado, dende onde redactou o Estatuto Constitucional dos Estados Pontificios. Defensor do absolutismo papal, rexeitou no nome do Papa a lei de garantías e foi contrario á convocatoria do Concilio I do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Foi un dos creadores da corrente teatral italiana denominada grotesc. A súa obra máis célebre foi L’uomo che incontrò se stesso (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romanés. Agregado militar en diversas capitais europeas, sentiuse atraído polas doutrinas fascistas e nazis. No 1940 dirixiu un golpe de estado, que obrigou ao Rei Carlos II a abdicar no seu fillo Miguel, con Antonescu como primeiro ministro. Na Segunda Guerra Mundial apoiou o Eixe, e ao se producir a desfeita romanesa foi destituído e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rickettsia da familia dos bartonelácidos.

    2. Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de rickettsias parasitas do home e, ocasionalmente, doutros mamíferos. Desenvólvense nos glóbulos e nos epitelios dos vasos sanguíneos. A especie B. bacilliformis causa a bartonelose ao home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade endémica do Perú, Colombia e Ecuador, provocada pola rikettsias Bartonella bacilliformis e transmitida por un mosquito do xénero Phlebotomus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai ou vende bastóns.

    2. Moble para colocar os bastóns.

    3. Quen dirixe en certos bailes o lugar que deben ocupar as parellas e a orde en que han de bailar.

    4. Oficial que levaba un bastón como símbolo de autoridade, especialmente para sinalar que estaba revestido de poder executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Membro da Cámara dos Comúns en 1761 e en 1768, patrocinou a reforma do dereito penal inglés. Levou a fórmulas xurídicas as ideas de Locke e exerceu grande influencia nas colonias inglesas. A súa principal obra é Commentaries (Comentarios).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bretoña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bretoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de forma angular, de ferro ou aceiro perfilado en escuadra, moi empregada nas construcións metálicas como reforzo ou elemento de unión.

      2. Peza en forma de L, xeralmente metálica, que se coloca como reforzo ou adorno nas esquinas de mobles.

      3. Cada unha das pedras talladas que, postas na esquina dun edificio, serven de reforzo, especialmente cando o resto da parede é de pedra sen traballar ou de tapia.

      4. Peza de metal, coiro ou outro material que serve para reforzar o canto da cuberta dun libro.

    1. Moble de forma triangular que se coloca nun recanto dunha estancia.

    2. Parte dunha viñeta que corresponde a cada un dos catro cantos dunha páxina ou rectángulo.

    3. Triángulo de papel que vai colocado en cada un dos cantos da páxina dun álbum para fixar as fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cantón, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Cantón.

    3. ariedade do chinés falada por preto de 54 millóns de persoas, fundamentalmente no SL de China, incluíndo Hong Kong. Tamén se denomina yue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encadernación que se fai con tapas de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de corpos cetónicos no sangue. Normalmente oscila entre 0,2 e 0,8 mg%. A cetonemia aumenta co consumo esaxerado de graxas, na diabetes mellitus descompensada, no xaxún prolongado e nalgúns estados febrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Clactonense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o seu nome do xacemento de Clacton-on-Sea, ao S da desembocadura do Támesis (Inglaterra). O elemento que caracteriza este complexo técnico son os útiles sobre lascas, que presentan un plano de percusión liso e un bulbo pronunciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derrame de bile na cavidade peritoneal. Prodúcese por unha perforación das vías biliares ou da vesícula e comporta un cadro grave de peritonite.

    VER O DETALLE DO TERMO